Este relato gustoume moito, foi
un dos libros que lin en galego que máis me gustou. É unha historia que nos
pode pasar a todos os que vivimos na aldea, ou mesmo cando imos á casa de nosos
avós. Ademais o protagonista é un rapaz adolescente, polo que cando lía a
historia imaxinábame a min mesma, coma se participase nela, vivindo todas esas
aventuras. Por riba, ten un pequeno toque de amor, o que fai que o libro sexa
moi bo.
Un dos momentos que máis me
gustou foi cando Miguel tiña que marchar de Grandal e pasou a última tarde con
Ana, despedíndose cun profundo bico. Este momento paréceme precioso, e mostra
como o amor pode xurdir en tan só dous meses.
Eu non faría ningún cambio, pois
gustoume todo.
A lingua para min foi moi fácil
de entender e a historia para ler tamén.
Cristina Deus García (3º)
Ningún comentario:
Publicar un comentario