Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 28 de noviembre de 2013

Balda de Libros (IX): Males de cabeza, de Fran Alonso




Males de cabeza, Fran Alonso, Xerais

Paréceme un libro sinxelo de ler e entretido, a verdade cando o empecei non me convencía moito. Pero así que seguín lendo decateime de que tiña relatos que te fan pensar, fante reflexionar sobre moitas cousas sen case darte conta. Eu persoalmente recoméndovolo xa que me parece un libro fácil e bonito.

Os relatos que máis me gustaron sen dúbida ningunha foron “Bartolo, o tolo” e “Desviación de chamada”, esta última fai unha reflexión sobre o galego que pasa a miúdo e nin nos decatamos.

Ademais é moi sinxelo de resumir e faise bastante levadeiro. Polo tanto para ir rematando xa, lédeo e contádeme que vos pareceu penso que tamén vos vai gustar pero xa sabedes que para gustos cores. Espero que o desfrutedes tanto coma min, e saibades coller as ‘’indirectas’’ por dicilo dalgún modo, como intentan facer reflexionar ao lector. Fixádevos sobre todo na que vos dixen anteriormente, eu creo que foron nas que máis me chamou a atención e me dei conta de que verdadeiramente ese libro me estaba a gustar.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)

Este libro persoalmente non foi un libro que me entusiasmou, a ver gustar, gustoume, porque o libro ten algunhas historias que me gustaron como a de "Os aforros da vella" e outras historias que ao contrario non me gustaron moito, como foi o caso do relato "O ceo amarelo".

O bo que ten este libro é que ten moitos relatos, cunha gran variedade de temas e fáciles de entender.

A escena que máis me gustou, ou mellor dito o relato que máis me gustou foi o de "05 AM (Vigo)", pois penso que neste relato atópanse reflectidos moitos sentimentos e verdadeiras emocións que poden chegar a conquistar ao lector.

Eu este libro, aínda que a min non me entusiasmou moito, recoméndollo á xente que o lea e que desfrute con el, xa que ao ter moitos diversos relatos como xa dixen antes e é moi difícil que non se atope un relato que non che guste, porque a min persoalmente pasoume.

Laura Moar Iglesias (4º ESO)
A min este libro pareceume moi entretido, divertido e emocionante. Este libro ten sentimentos variados variados xa que xa que ten historias distintas que non teñen nada que ver. Para min cada unha trata un tema, un sentimento distinto.

No meu punto de vista a historia de “Os aforros da vella” fíxome rir pero ao mesmo tempo a vella deume mágoa, xa que non comprendía as cousas.

“Domesticum Bellum” foi unha das historias que máis me fixo rir porque case todas as parellas fan así, pero ao mesmo tempo fíxome pensar de porque actuamos así, se nos enfadamos e despois nos desenfadamos, porque nos damos conta de que no fondo non vale a pena desenfadarse por algo así.

As historias que máis me conmoveron, me fixeron chorar foron as de “Coma o Pato Donald”, “Bartolo, o tolo” e “05 AM (Vigo)”, xa que en cada unha chorei por un motivo distinto, en verdade foron as que máis me gustaron.

En “Coma o Pato Donald” pareceume moi forte que Olga tivera que pasar por esas dúas enfermidades soamente porque lle gustaba un rapaz, tamén me pareceu moi emocionante cando di que foi o seu propio irmán o que lle fixo ver a realidade, a que lle salvou a vida.

“Bartolo, o tolo” ten o seu sentimento, porque todo rapaz de pequeno merece ser feliz, sentirse querido e apoiado e no seu caso non puido ser, pero ao final tivo sorte e que o pobo o recolleu con bos modos, fixeron que vivira feliz coas cousas máis insignificativas.

“05 AM (Vigo)” tamén me emocionou porque para eles poder ser felices tiveron que mentirlle aos pais, fixeron as típicas loucuras por amor, porque sabían que o eran todo, o un para o outro e que sempre estarían xuntos e que vivirían a vida a súa maneira, con alegría.

Este libro encantoume, xa que me emocionou e tamén me enganchei a el, foime fácil de entender aínda que tiña algunhas palabras difíciles polo medio. En fin que vos convido a lelo, seguramente vos gustará, asegúrovos que a min me encantou.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)


Males de cabeza é un libro con moitas historias diferentes. Nelas atoparás, como ben di o título, moitos males de cabeza que temos as persoas a diario, como, por exemplo, avoas que gardan os aforros das súas vidas debaixo do colchón por non levarllos a persoas descoñecidas da Caixa de Aforros; ou xente ignorante que pensa que falar o galego é de paletos; ou parellas que se pasan todos os días discutindo porque a un se lle esqueceu baixar o lixo, e máis cousas así que podemos atopar neste libro que para min, foi moi entretido e fácil de ler.

Foi entretido porque nas diferentes historias non paras de rir, e nalgunhas, como a historia da “Carapuchiña e o lobo feroz”, a medida que vas lendo a historia da rapariga, quedas alucinando, xa que é moi diferente a historia popular e que todos coñecemos. E fácil de ler porque a maioría das historias non son moi longas e o seu vocabulario enténdese ben.

Persoalmente, é un libro que o volvería ler, gustoume moito e recoméndoo.


Belén García Lijó (4º ESO)


Este libro Males de cabeza pareceume interesante xa que trata de diferentes temas. 

O conto que máis me gustou foi "Os aforros da vella" porque trata  sobre unha vella que non quere gardar os cartos na caixa, porque di que sempre os gardou toda a súa vida debaixo do colchón. Pero acábaos metendo na caixa.

Os finais deixaríaos como están porque eu acabaríaos poñendo peor. A min  personalmente gústame xa que como está formulado o final  para cada conto.

A lingua destes contos enténdese bastante ben porque apenas hai palabras descoñecidas.

Eu a lectura deste libro recomendaríaa porque trata diferentes temas como: os cartos, o coidado e os paseos pola natureza, as investigacións policiais, o uso ou abuso dos móbiles, sobre cursos para falar galego, etc.

Ten diferentes contos todos eles entretidos e divertidos para pasar un momento de lectura e comprender mellor o mundo.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

No hay comentarios: