Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 28 de noviembre de 2013

Balda de Libros (VII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz




Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz. Xerais.

Este libro paréceme moi fácil de entender e apenas ten palabras que non se comprendan.
Aínda que a min paréceme moi ensarillado co das cartas porque vai falando sempre ou (case sempre) con cartas que escribía Xabier ou Adrián.
Pero ao ser cartas bastante longas, paréceme que son moi 'rollentas' e que apenas te enteras de moito.
O final non me gustou, aínda que o resto do libro estivese xenial; non me gusta, porque creo que o deixa todo aberto, sen saber o que pasa realmente con eles nin con Tareixa.
Pero, o libro en si, está bastante ben e si que o recomendaría a calquera persoa que o quixera ler.

Noelia Casas García (3º ESO)

A min este libro non foi dos que máis me gustou, pero aínda así pareceume interesante e bonito, xa que parece unha historia real e é o primeiro libro que leo deste autor.             
O momento que me pareceu máis importante de todos  foi cando Tareixa colleu o libro e o levou para a casa para prenderlle lume, creo que este momento é o que desenvolve toda a historia, xa que é un dos momentos claves de toda a historia.
O libro está moi ben pero eu faríalle un pequeno cambio ao final para que non quedara cun final tan aberto, xa que a min non me gustan os finais abertos, e este queda bastante aberto.
A lingua é fácil de entender xa que usa un vocabulario adecuado coma o noso, sen palabras moi difíciles de entender.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

Este libro a min persoalmente gustoume xa que é un libro de intriga. Ademais é deses libros nos que ata o final non te dás conta e iso gústame. Este libro está moi ben estruturado xa que calquera persoa pode saber facilmente o suceso inicial, a reacción, a acción e a solución. 
O libro ten un léxico fácil pero ten algunhas palabras que non sabía moi ben o seu significado, soábanme de escoitalas pero non as entendía e ao miralas no dicionario deime de conta de que esas palabras tiñan sinónimos que eu coñecía ben, así é que aprendín moitos sinónimos de palabras que xa coñecía.
Cando ía nas ultimas páxinas estaba esperando ansioso a que chegase o final para saber o que acontecía verdadeiramente pero resulta que o final era aberto e iso a min pareceume inadecuado para un gran desenvolvemento de toda a historia.
En resume un bo libro pero con pequenos fallos que fan que o libro en xeral dea a sensación de dicir e agora que? Pero pola outra parte un bo libro.

Iván Señarís Veiras (3º ESO)

A min este libro por unha parte gustoume pero por outra non. A parte pola que este libro non me gustou foi pola forma que ten de acabar porque o final aínda non me acabou de convencer. 
O momento que máis me gustou foi cando Adrián lle comunica a Xabier que xa mercara a casa enmeigada porque eu tiña moitas ganas de saber se era verdade que a casa estaba enmeigada ou non. Unha cousa que non me gustou foi que Adrián se aproveitase das mulleres porque el mesmo podía facer a limpeza da casa e a comida para el xa que tiña tempo de sobra. 
Eu si que faria algún cambio neste libro. Eu só cambiaría algún trazo do final xa que o resto do relato o deixaría como está. A linguaxe deste libro foi fácil de entender.

Marta Veiras Noya (3ºESO)

Eu opino que o libro está moi ben ata case o final.
Gustoume moito a amizade dos protagonistas e o ben que se levaban.
É un libro que che fai pensar nos teus amigos e se realmente vale a pena discutir con eles.
Estes amigos son especiais porque morre un para salvar a outro e iso non o fai moita xente. O que conta de verdade o libro é que a amizade é máis forte que todo o demais.
A outra parte a do medo e o final non me gustan nada, nada porque eu son moi medosa e teño moito medo, non me gustan as historias de terror, só valen para facer sufrir.
Non me gustou moito cómo acabaron os protagonistas.

Sheila Bouzas Leis (3º ESO)

No hay comentarios: