Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 6 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXIV): ¡Maldito DNI!, de Pepe Carballude



A min este libro gustoume moito, xa que ademais de entreterme cando o estaba lendo, fixo que me decatase que nesta vida sen o DNI, non se pode facer absolutamente nada.
A escena máis importante penso que foi cando o axente parou a Olimpio e lle pediu o DNI, xa que a partir de aí foi cando se desenvolveron todos os problemas.
O tema de que trata o relato pareceume interesante, porque quere reflectir que o mundo está controlado pola información e se fas algo que non debes vas ser descuberto polo mínimo erro que cometeras.
Non faría ningún cambio no libro, todo me gustou e o final deixaría o que ten, xa que me gusta máis que o meu.
A lingua pareceume bastante fácil, aínda que había certas palabras que descoñecía o seu significado e outras que as sacaba polo contexto, pero en xeral pareceume fácil.

Jennifer López Becerra (3º ESO)

Ningún comentario: