Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 6 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXVI): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre


A banda sen futuro, Marilar Aleixandre, Xerais

A min este libro gustoume moito aínda que non ten un final moi feliz.
O momento que máis me gustou foi cando Carlota quitou o pano diante de Moncho porque foi capaz de superar a vergonza que tiña a causa da enfermidade que padecía.
Por outra parte, un dos momentos que menos me gustaron foi cando Miguel pasa de Carlota. Pero o momento que máis odiei foi cando a avoa lle di ao final a enfermidade que padece porque eu xa tiña a ilusión de que ía ser un libro que tería (na miña opinión) un final feliz. Este sería o único cambio que faría.
A linguaxe foi fácil de entender. O tema deste libro para min é un pouco triste.

Marta Veiras Noya (3º ESO)

No hay comentarios: