Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 6 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXV): Chamábase Luís, de Marina Mayoral


Chamábase Luís, Marina Mayoral, Xerais

Este libro por unha parte gustoume, e pola outra non. O contido e a historia en si gustáronme, pero despois a forma na que está feita non, xa que se repite moitas veces a mesma cousa.
A escena máis importante penso que foi cando morreu Luís. porque despois de tanto sufrir, de tantos intentos de deixar o mundo das drogas, morreu, deixando dous fillos sen criar, e a toda unha familia que no fondo, aínda que no demostrase, o quería.
O tema pareceume triste, porque no relato reflíctese todo o sufrimento da familia e ademais hai moitas mortes polo medio.
Como ben dixen antes no relato non faría cambios, pero na estrutura gustaríame que contasen a historia dun xeito máis sinxelo, e sen dicir a mesma cousa vinte veces.
En canto á lingua pareceume bastante fácil, aínda que moitas palabras, como chocolate ou cabalo, nunca pensei que significasen o que significan neste libro.

Jennifer López Becerra (3º ESO)

No hay comentarios: