Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 20 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXXVII): A casa dos Lucarios, de Teresa Moure



A min este libro A casa dos Lucarios non me gustou moito, collino polo breve que era pero non engancha e non te mete na lectura coma outros máis longos.
O que máis me gustou foi cando Chicho discutiu co cura, e o que menos é que hai moitos personaxes e pérdeste.
O libro é dificil de resumir e bastante aburrido porque a min parécenme algo aburridos os libros que contan como se vivía antigamente, a min gustanme máis os de acción.
A pesar diso gustoume lelo e saber como vivían antigamente.
Gustoume tamen o título do libro porque che dá intriga de como vai a ser a historia.
Eu recomendo este libro porque é bastante interesante, si o colledes pois lédeo con tempo e non ás présas porque senón non vos ides enterar de nada.

Martín Rouco Casal (3º ESO)

No hay comentarios: