Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 20 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXXVI): Rapazas, de Agustín Fernández Paz



Cando pillei o libro pensei que era só un conto e non varios contos nun mesmo libro. Nunca lera un libro con varios contos dentro pero a verdade é que non me disgustou xa que pensaba que ía a falar da vida de algunha rapaza en particular.
Non cambiaría nada do libro, secadra algún final que non é o que esperaba, coma no conto “Dúas rosas murchas” que pensaba que o rapaz que estaba morto ía resucitar de entre os mortos pero ao final non foi así.
En cada conto hai momentos que son importantes para que o conto acabe da maneira que acaba.
O vocabulario é fácil, non ten moitas palabras raras, algunhas si, pero busqueinas no dicionario e xa entendía o significado.
Non hai máis cousas asi que teña que contar. Non recomendo este libro para rapaces.

Adrián Ríos González (3º ESO)

Ningún comentario: