Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 15 de maio de 2014

Son diferente e merezo o teu respeto

Esta semana das nosas letras tivemos, entre outras actividades, a proxección da película Vilamor e un posterior coloquio, organizado polo Departamento de Normalización Lingüística. Un dos aspectos que máis nos chamou a atención foi a concepción do amor e das relacións, moi diferente do concepto tradicional: amor/parella/fidelidade/exclusividade. 

Por que tendemos a considerar que o noso concepto é o adecuado, o correcto, o que debe ser? 

Por que desprezamos/insultamos/desvalorizamos a quen non pensa coma nós, non se comporta coma nós? Por que nos molesta/incomoda o diferente, o que non segue a norma? 

Que ten de bo que sexamos tod@s iguais e nos comportemos do mesmo xeito, como borregos?

Por que non facemos noso o lema de "Vive e deixa vivir" ou "A miña liberdade remata onde comeza a túa"?

Deixamos aí estas cuestións chamando á vosa reflexión. Gustaríanos saber que vos pasa pola cabeza sobre estes asuntos, comentade e compartide nos comentarios, é moi enriquecedor. E queremos traer en relación con estes temas un artigo da Revista Pikara sobre alguén diferente que está a dar moito que falar estas semanas. Probablemente a súa imaxe transgresora e diferente levada ao extremo non nos deixa indiferentes.

Conchita Wurst, ganadora de Eurovisión 2014. Foto: Thomas Hanses (EBU)
«We are unstoppable» («somos imparables») fue la contundente frase con la que culminó Conchita Wurst el sábado al recoger el primer premio en la final de Eurovisión. Y no se refería con ese «we» a las mujeres de barbas pobladas ni a los hombres con traje de cola, que también, pero eso sería quedarse en la punta del iceberg, como muchos han decidido hacer porque tienen miedo de mirar más allá. En ese «we» Conchita estaba incluyendo a todas aquellas personas que son diferentes o sufren discriminación y que todavía tienen mucho por lo que luchar para poder vivir una vida normal. Sí, porque aunque sea paradójico, ser diferente es normal, y a estas alturas de la vida, por triste e insólito que parezca, aún se hace necesario reivindicarlo en muchos países de nuestra Europa. (…)

Su victoria ha sido, incluso más que simbólica, necesaria. Habrá pobres de espíritu que la llamen «friki» o «mamarracha», que no sepan ver más allá de su transgresora imagen o que osen compararla con engendros artificiales y falsos como el Chikilicuatre, nuestro representante eurovisivo allá por 2008. Pero mientras éste se queda en la mera representación de algo cutre y verdaderamente ridículo, sin más pretensión, Conchita ha decidido alzarse como símbolo de la diversidad, apoyo altruista a las personas acosadas por su condición (recordemos que el propio artista que se esconde tras la barba, Thomas Neuwirth, creó el personaje de Conchita para superar su dificultosa salida del armario) y reconocimiento de derechos igualitarios.

Aquí o artigo completo

3 comentarios:

Cristina Deus García dixo...

A verdade é que eu penso que debemos cambiar o noso modo de pensar pois se nos paramos a reflexionar ben, non ten ningún sentido que desprezemos e insultemos aos que son diferentes a nós. O que deberíamos facer é apoialos xa que ,desgraciadamente, non é fácil ser alguén distinto aos demais na nosa sociedade.
Ademais, eu penso que a variedade é moi boa e que as persoas se deben aceptar tal e como son, non querer cambiar a súa forma de comportarse ou pensar, pois cada un é libre de ser como quere. Loitemos por unha sociedade igualitaria!

Cristina Deus García dixo...

A verdade é que se nos paramos a pensar non ten ningún sentido que insultemos e desprezemos aos que son diferentes a nós. O que deberiamos facer é apoialos xa que, desgraciadamente, non é fácil ser unha persoa distinta aos demais na nosa sociedade. Ademais, eu penso que a variedade é moi boa e que non hai porque ser como é a maioría da xente, senón que cada quen debe ser como é el mesmo, debe ser libre na forma de pensar e de actuar. Loitemos por unha sociedade igualitaria!

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Estamos moi dacordo, Cris !!