Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 5 de xuño de 2022

Book tráiler (CXVI): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXXI): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala

Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia 

Para min este libro é moi interesante debido a que dende o meu punto de vista ten moi bos personaxes e todos contan cun protagonismo bastante parecido, quitando a muller de Serafín que aparece algo menos, ademais a introdución dos personaxes parece moi boa sobre todo a dos atracadores. 

O tema é moi entretido debido a que constantemente está pasando algo importante e ademais disto ten constantemente momentos cómicos que acompañan moi ben a obra. 

E para min foi un libro bastante sinxelo de ler debido a que non ten unha linguaxe para nada complicada e ademais é un texto curto e coas letras bastante grandes. 

É un libro moi divertido porque ten moitos chistes e neste sentido é moi recomendable porque se queres botar unas risas pois eu ata lendo no libro boteinas. 

Definitivamente eu recomendo esta obra porque para min foi o libro máis gracioso que lin e ademais é moi entretido durante toda a historia e ten un final moi bo na miña opinión. 

Raúl Ferreira Parente (4º ESO)

Persoalmente o momento que me pareceu máis importante foi cando Serafín colleu a pistola de fogueo que lle regalara Lois e apuntou a Rafael con ela, porque grazas a que Serafín espertara foron capaces de abrir a porta, xa que grazas a ser o director do banco tiña a chave e colaborou cos ladróns intentando abrir a caixa forte.

Pareceume unha obra de teatro moi entretida e emocionante, xa que nunca te aburres e en todo momento estás con gañas de saber o que vai pasar a continuación. 

Se tivera que facer algún cambio no libro sería o final, porque creo que o libro remata cun final demasiado aberto que te deixa con gañas de saber que pasou ao final. 

Este libro é moi fácil de ler, xa que non usa un vocabulario moi complicado e ademais é un libro moi curto que se le en pouco tempo.

Pablo Codesido Fernández (4º ESO)

Book tráiler (CXV): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXIV): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

sábado, 4 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CX): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CIX): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXX): Papiroflexia, de Fernando Castro Paredes

Papiroflexia. Fernando Castro Paredes. Galaxia 

A min este libro gustoume moito, por unha parte penso que é sinxelo de ler polo simple motivo de que sexan tres historias diferentes, pero por outra tamén opino que estaría ben que fose unha obra cunha soa historia. 

O autor destas historias é Fernando Castro Paredes, este é o primeiro libro que lin deste autor, aínda que xa tivera oído falar doutros libros deste como A Derradeira Bala

Gústame como nomea as personaxes porque así son máis fáciles de aprender sobre todo para lembrar na lectura. 

En canto á linguaxe paréceme un libro moi sinxelo de ler e cun vocabulario actual, tamén me chama a atención os temas que intenta reflectir nas historias. Se tivera que escoller unha historia escollera a terceira porque foi a que máis me chamou a atención. 

En conclusión a min persoalmente esta obra gustoume moito, enganchoume e lino moi rápido. 

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Conta de Libros (XXIX): O heroe, de Manuel Rivas

 

O heroe. Manuel Rivas. Xerais 

Este libro gustoume bastante, xa que dende o comezo da historia aparecen diferentes cuestións que te vas formulando, e que durante a lectura vas descubrindo. Enganchoume bastante, por isto mesmo, xa que queres saber quen son e que fixeron os diferentes personaxes que van aparecendo mentras transcorre esta historia.  

O tema da obra foi do meu agrado, á parte que ten trazos de ironía e sitúanos nunha época do pasado. 

O momento máis importante do libro para min, tamén xunto a un dos que máis me gustou foi o final, xa que non o esperaba así.  

O meu personaxe favorito é Arturo Piñeiro, alias Caronte xa que é un home moi sabio e carece de medo. Paréceme un home moi forte e valente ante calquera circunstancia que o poida sobrepasar. 

Non lle faría ningún cambio xa que me parece que está moi ben, tamén ao estar escrito como obra teatral faino mais dinámico.  

Lese rápido e sen problemas, aínda que no vocabulario hai algunhas palabras que non acabo de entender ben, mais conforme vas lendo, co contexto do texto podes comprendelo sen problemas.  

Sara González Castro (4º ESO)

Book tráiler (CVIII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CVII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Irene Arnejo González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Irene Arnejo González, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CVI): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CV): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)