Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste. Galaxia
O libro está bastante ben. Son varios contos doados de ler debido a que as súas historias son moi curtas. O malo é que o vocabulario non é moi actual e algunha palabra non se entende moi ben.
A historia que máis me gustou foi a primeira “Sobre da morte de Bieito”, porque me pareceu bastante divertida.
A que menos me gustou foi “O vagabundo”, porque penso que é a máis aburrida comparando con outras.
Unha das moitas cousas que me gustou deste libro son os finais. Estes son moi abertos e non sabes exactamente como vai acabar o conto, entón pódeste imaxinar ti como queiras o desenlace, é dicir, acabar a historia ao teu gusto.
Nunca lin ningún libro de Rafael Dieste pero a verdade é que me gustou bastante a súa maneira de expresar os acontecementos e seguramente lea outras obras súas como por exemplo A fiestra valdeira.
Dos arquivos do trasno recomendaríallo a todas as persoas que queiran ler un libro nun día e pasar un entretido tempo de lectura, xa que con estes contos iso telo asegurado.
Ana Señarís Veiras 4ºESO
A min este libro gustoume moito xa que é un libro diferente á hora de ler, porque ten varios contos e non é un só.
A historia que máis me gustou de este libro foi a de "Sobre da morte de Bieito" xa que me parece unha situación moi ben descrita e ademais moi divertida porque non te aburres ao lela e para min é unha cousa que valoro bastante, iso de que o libro non me aburra e me siga parecendo interesante ou divertida a historia.
Pola contra o relato de "O caso dos tres fornos", ó contrario da outra historia paréceme unha historia bastante aburrida e non me chama a atención ao ler porque non é unha narración que te atrape para seguir léndoa, todo o contrario só queres que se termine pronto para que se acabe.
O libro pareceume moi fácil de ler e ademais ao ser historias curtas e entretidas. Un día que te atopes sen nada que facer é una boa opción para ler e pasar así o tempo sen estar co teléfono, televisión ou ordenador.
Paula Moar Iglesias (4º ESO)
A min este libro a verdade é que me gustou bastante porque non é só unha historia senón que se narran varios contos que son moi breves.
As historias que amosa son moi entretidas, interesantes, intrigantes e misteriosas xa que che deixan coa intriga de que puido ocorrer na historia até o final.
Gustoume moito tamén porque deixa a túa imaxinación desenvolver e intuír o que puido ter ocorrido ao final de cada un dos contos, e é algo que persoalmente gústame bastante.
As miñas historias favoritas deste libro son a dos señores Resende porque para min foi a que máis intriga me deixou e a da nena que se chamaba Estreliña xa que esta é a miña personaxe favorita porque me pareceu moi boa persoa.
O vocabulario que ten este libro en xeral é bastante doado pero algunha que outra palabra é algo difícil de entender para min.
Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)
A min este libro gustoume moito, é sinxelo de ler, xa que non se fai nada
denso como outros libros que lin polo feito de estar dividido en 20 pequenos
relatos. Ademais pese a ser unha obra máis antiga non ten complicacións na
linguaxe.
Se tivera que escoller un só relato sería HISTORIA DUN XOGUETE xa que esta
breve narración explica moi ben que antes a cativada non se podía permitir o
luxo de comprar xoguetes así que usaban calquera cousa para xogar, non como
agora que hai xoguetes de todo tipo. Cabe destacar que aínda así todos os
relatos son entretidos.
Unha cousa que me chamou moito a atención deste libro foi que Rafael Dieste
naceu en zona costeira concretamente en Rianxo onde pasou parte da súa vida,
debido a iso a maioría de relatos deste libro transcorren ou sitúanse en zonas
costeiras e algúns incluso falan da vida mariñeira.
Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)
Este libro é un tanto diferente ao resto de libros, porque consta de varios contos de diferentes temas pero que comparten unha característica, que todos os contos teñen un final sen especificar ou sen rematar, como se se tratase de que detrás das historias houbera un trasno, facendo referencia ao título do libro.
É un libro rápido e sinxelo de ler aínda que algunhas
palabras do vocabulario resúltanme un pouco confusas e un pouco difíciles de
entender, máis ao ver o contexto no que están podo chegar a entendelas sen problema
ningún.
O conto que máis me gustou foi o titulado “ Sobre da
morte de Bieito”, xa que me parece un pouco estraño o ocorrido nel. Tamén outro
dos que máis gustou foi “A volta” xa que foi un conto que me deu moita
intriga polo que pasa nel.
O meu personaxe preferido foi o protagonista do conto
“Sobre da morte de Bieito”, pola valentía que tivo polo seu compañeiro Bieito.
O libro gustoume bastante e non lle faría ningún
cambio.
Sara González Castro (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario