Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 19 de decembro de 2021

Conta de Libros (VI): As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes

As rapazas de Xan. Manuel Iglesias Turnes. Xerais 

O momento máis importante do libro, para min, é cando atopan a Rafael morto, xa que non mo esperaba e sorprendeume moito, ademais, Carmela casou tranquilamente con Manuel. 

O tema deste libro pareceume moi interesante, porque amosa moi ben a vida de antes nas aldeas e as migracións. 

O desenvolvemento gustoume moito, porque non se centra só en falar dunha familia ou nun tema en concreto senon que engade todo e fai que sexa máis entretido. 

Nesta historia, os personaxes son moi variados o que crea disputas entre eles. A protagonista chámase Carmela e o seu pai Xan, Rafael tamén é outro personaxe moi importante no libro. O meu personaxe favorito é Carmela, porque ao longo da historia, pareceume unha muller moi valente e que non se condiciona polo resto de persoas. 

Este libro gustoume moito, tan só ao principio custoume entendelo porque hai moitos personaxes, pero co paso da historia, xa foi máis doado. Ademais a lingua enténdese moi ben, non emprega linguaxe moi culta. 

Lucía González Castro (4º ESO)

Ningún comentario: