Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 19 de decembro de 2021

Conta de Libros (VII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neiras Vilas

Memorias dun neno labrego. Xosé Neiras Vilas. Galaxia

A min paréceme un libro bastante interesante, porque é unha narración que está ambientada hai moitos anos atrás, xa que nesa época todo era traballo e non importaba se tiñas 10 anos como 20, e con isto, decátaste do dura que era esa vida, pero cun pequeno detalle que era un neno pequeno o cal contaba a historia.

O libro dende o meu punto de vista paréceme bastante complicado de ler, xa que había unhas palabras que descoñecía o que querían dicir, pero aparte diso paréceme unha obra moi interesante de ler e tamén hai que destacar que é un libro bastante pequeno pero que contén moita historia.

A min o personaxe de Balbino paréceme que está perfectamente desenvolvido, xa que ten a actitude real dun simple neno que o único que quere é ser maior. Eu sinceramente non podería dicir nada malo do libro xa que me parece de extraordinario.

Paula Moar Iglesias (4º ESO)

O momento máis importante do libro para min é cando Balbino, o protagonista da narración, lle tira a pedra á cabeza o fillo do señor, porque é como unha lección para a xente que se mete con outra que é inferior que el só por iso, e Balbino rebálase con razón porque senón ía quedar sempre asoballado por el. 

Tamén me chamou moito a atención cando Balbino cae ao río e Lelo lle agarrou a man e o salva de morrer afogado. 

O meu personaxe favorito é Balbino porque é moi traballador e axuda na casa. E tamén porque lle tirou a pedra ao fillo do señor e ademais polo cariño que lle tiña a seu padriño.

Lelo tamén me gustou moito porque é un rapaz moi bo, porque axuda a Balbino e fanse amigos. 

Rubén Goimil Parafita (4º ESO)

Ningún comentario: