Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 4 de decembro de 2014

Cara a un novo modelo de homes

Manuel Buendía Bercedo estudou Master de Igualdad de Género na Universidad de Cantabria e preséntase no seu interesante blog como Facilitador de Género y Masculinidades. Anímovos a curiosear por el para ir lendo cousiñas ben interesantes sobre a loita por unha sociedade máis xusta e igualitaria para os homes e as mulleres. Sabedes que é un tema que nos preocupa e nos ocupa, unha loita na que nos sentimos implicados e implicadas. Manuel curiosea polo noso blog de vez en cando, é "seguidor" do blog e "amigo" no recén estreado Facebook.

Queremos compartir convosco unha reflexión tomada do seu Facebook, e se deixades algún comentario ao respecto, estaremos encantadxs. Trátase dunha reflexión que el escoitou a un mozo de 22 anos, imaxinamos nalgún obradoiro ou encontro ao que asistiu, ou que recibiu no seu blog, en referencia á última campaña televisiva sobre a violencia machista.

Aquí o vídeo da campaña:



Aquí o comentario que Manuel quixo compartir:

Dice uno de nuestros CHICOS de hoy en día con 22 años:



"Me parece fantástico que desde el Ministerio se siga alentando a las víctimas de violencia de género a denunciar a sus maltratadores. Por otro lado, parece mentira que casi siempre (por no decir "siempre") se enfoque hacia las mujeres, tanto como método de intervención como potencial prevención.
Mi pregunta es, ¿qué pasa con los hombres? ¿por qué no (re)educar a los hombres en campañas de sensibilización y actuación? Resulta común encontrarse con las consignas "denúnciale", "no dejes que te controle" y demás sinonimias. Pero, ¿por qué no un "las mujeres no son objetos"? o "no eres más que ella". Tras la última campaña del Ministerio "dando consejos" a las mujeres (no pongas el nombre en el buzón, camina por calles luminosas...), creo que se debería cambiar la mala praxis y enfocar la actuación hacia ambos sexos. Parece incluso contradictorio que queramos solucionar el problema de la violencia de género actuando solo tratando una de las variables. ¿Se trata de otro símbolo del heteropatriarcado? ¿una falsa lucha social bajo un telón de paternalismo unidireccional?
Este es un anuncio de la nueva campaña televisiva"

(Gracias, Gonzalo. Hacia un nuevo modelo de hombres.)



mércores, 3 de decembro de 2014

Os riscos de deixar de escribir a man

"Aprender a escribir a mano es un proceso más complejo que teclear unas letras y exige que el cerebro se esfuerce más. Hay que hacer una representación mental de las letras que se van a escribir, y eso supone un mayor esfuerzo mental que a larga es rentable, explica Juan Lupiáñez, director del grupo de Neurociencia Cognitiva de la Universidad de Granada. Los caracteres que los niños se esfuerzan en poner por escrito no son siempre iguales, como los de imprenta, y eso les ayuda también a generalizar y a internalizar los rasgos esenciales con los que se representa cada letra, independientemente de la destreza con que se represente, añade. Ese aprendizaje tan profundo que propicia la escritura les ayuda después a reconocer mejor los signos que leen, con lo que la comprensión lectora también aumenta."

Aquí o artigo completo

martes, 2 de decembro de 2014

Comics en 3D

Estes días andamos a falar de comics antigos en 1º de ESO e hai unhas semanas no Club de Lectura limos Persépole, unha obra importantísima e interesantísima do comic actual.

Sabiades que hai, ou había,  comics en 3D ???

Mirade que fotaza: 

Niños leyendo "Super Raton", el primer comic editado en 3D en Estados Unidos, en 1953

.
Imaxe vista en Facebook (Literatura +1 )



luns, 1 de decembro de 2014

Estamos no Facebook

Arrincando con moitas ganas esta nova andaina
polas redes sociais. 

Falaremos de libros, cine, música, actividades culturais e cousiñas q pasan polo CPI onde estudastes hai anos ou ben estades a estudar. Tamén é unha boa desculpa para ir sabendo por onde vos/nos foi levando a vida...



Estades por aí...??



Probando, probando...!!!


Aquí o noso Facebook

mércores, 26 de novembro de 2014

Andel de Libros (II): Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza



Os contos deste libro gustáronme moito porque son moi intrigantes, sobre todo o de “A proba do alfinete” e “O amigo Delmiro”. É un libro moi entretido que llo recomendo a calquera que lle custe ler porque se le moi rápido e os seus contos, á parte de se ler moi ben, enganchan desde o primeiro momento.
O conto que máis me gustou foi o de “Vinte pesos de prata” porque se vía como o irmán do outro o intentaba timar dunha maneira astuta.

En ninguna historia cambiaría nada, porque todas están moi ben escritas e ademais o autor, deixa ese toque de misterio en cada conto, que os fai máis interesantes,

O único que lle engadiría ao libro, sería algún debuxo en cada capítulo, para ordenar un pouco as ideas e saber mellor de que trata, a parte de que un libro con debuxos queda máis bonito.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)

A min este libro gustoume moito. Unha das cousas que máis me gustou foi que no momento no que estás chegando ao final dalgún relato, máis ou menos xa tes imaxinado dende o teu punto de vista un final. O que me pasou cando lin  o final de cada relato, o final que tiña imaxinado (que pensaba que ía ocorrer) era totalmente diferente ao que tivo lugar na historia. En cambio, noutros libros imaxinas o final e o final que imaxinas é case igual ao que ocorre na historia. 

A min o relato que máis me gustou foi “Vinte pesos de prata” xa que non me imaxinaba que o xoieiro fose Tomé. Gustome moito a forma na que se presentou Tomé. 

O tema para min non foi triste a pesar das mortes que hai. Para min é un libro que ten moita intriga. Neste libro eu non faría ningún cambio. 

A linguaxe entendina bastante ben aínda que me encontrei con algunhas palabras rebuscadas como por exemplo: queipo e pegureiro.

Marta Veiras Noya (4º ESO)


Gustáronme moito todas as historias, porque había mortes, e en varios había un revólver. O que máis me gustou foi o do "Amigo Delmiro" porque a rapaza colleu o revólver e tiroulle varios tiros a Delmiro. 

Eu faría un cambio no da proba do alfinete porque non me gusta moito o seu final xa que van matar a súa nai sen facer nada: Que o rapaz descubrira o contrabando dos dous panameños e detiveran a toda a banda. Que el se convertera nun detective con máis prestixio do mundo. E que acudiran a el os casos máis difíciles do mundo.

É fácil de ler pero ten bastantes palabras difíciles de comprender que eu non coñezo.

Eu recomendo este libro para os maiores de 15 anos porque me parece que ten unha linguaxe complicada para os rapaces de menos anos.

Adrián Recouso Pena (4º ESO)

Este libro gustoume moito máis que o outro, porque era máis fácil de ler e tamen máis curto xa que habia que ler só 6 contos de todo o libro.

A min este tipo de libros gústanme moito porque son pequenos e fáciles de ler e ademais son varios tipos de contos distintos e se non che gusta un podes escoller outro para ler.

Os finais dos libros que lin son todos tráxicos ou medio tristes,creo que ningún ten un final feliz ou polo menos algo alegre.

O que máis me gustou do libro foi o conto do “O home do saco” xa que é de medo e misterio e o final é moi raro.

O que menos me gustou foi “A proba do alfinete” porque a min os contos dos detectives non me gustan e foi un conto moi aburrido para min.


Tiña un vocabulario bastante fácil e o libro lino en dúas noites moi rápido, e iso que eu non son moito de ler. Recomendo este libro a todos os que lle gusten os libros de medo e misterio.

Adrián Ríos González (4º ESO)

xoves, 20 de novembro de 2014

Andel de Libros (I): As cousas claras, de Xosé A. Neira Cruz



Un novo curso 2014/2015 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. 

Desta volta vaise chamar Andel de Libros e o primeiro alumno en achegar material crítico para o noso recuncho de lecturas foi Xosé Barreiro Hernández (3º ESO), aínda que observamos este curso moita preguiza xa que estamos a finais de novembro, cando noutros cursos a estas alturas xa tiñamos publicado máis dunha ducia de comentarios. 


Este libro gustoume moito, xa que fala de moitas cousas que hai na escola. Non digo as cousas claras, senón os mestres “bos” e xente á que non lle importa o que os demais digan deles…
Outra das cousas polas que me gustou o libro foi porque mostra que a xente pensa as cousas de forma sempre negativa, e que ao fin e ao cabo, non sempre é así. Tamén relata ben como algunha xente critica aos demais de forma destrutiva, mentres que eles só intentan facer o mellor posible.
Tamén me gustou que os personaxes se parecen moito á xente real, que podemos coñecer na vida.
Gustoume moito a valentía coa que os rapaces actúan.
O único que non me gusta é o final, porque é moi rápido e con poucos datos. 
Recomendaría o libro sen dúbida.

José Barreiro Hernández (3º ESO)

mércores, 25 de xuño de 2014

Regalo dos nosos compañeiros de E-twinning en Formentera

Un precioso libro sobre a súa isla que vai permanecer á vosa disposición na biblioteca.

Gracias chic@s !!!


Váisenos Ana María Matute. Descanse en paz.



Novelista entregada e sobre todo unha muller interesantísima e valente.  Vale a pena escoitala en primeira persoa nesta simpática entrevista.

Balda de Libros (LXXXVI): As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño


As actas escuras, Roberto Vidal Bolaño, A Nosa Terra.

(Con este comentario pechamos neste curso a sección que se chamou Balda de Libros. Foron un total de 86 títulos diferentes de narrativa e de teatro, aínda que moitos deles foron lidos por varias persoas.
Boas lecturas de verán, e que sexan por pracer e non por obriga!!!)

Aínda que ao comezo me custou un pouco comprender a historia, finalmente gustoume máis do que pensaba. O conflito que presenta esta obra sobre o enfrontamento entre a ciencia e a relixión, que ao mesmo tempo arrastra outros entre a verdade e a mentira e entre o correcto e o fácil, pareceume moi interesante e tamén algo que podemos atopar na nosa realidade hoxe en día.

Tamén me chamou a atención a decisión e a seguridade que amosan os protagonistas á hora de exponer as súas opinión e teorías.

Algo que me cansou bastante á hora de ler foron algunnhas partes do final, nas que abundaban as intervencións moi longas e de linguaxe algo complexa, as cales disminuíron un pouco o meu interese na lectura.

Polo demais, pareceume unha obra moi elaborada e a cal recomendo sen ningunha dúbida.

Miriam Castro Deus (4º ESO)

martes, 24 de xuño de 2014

Encontro virtual con Montserrat Barderi, autora de Los Arcos del agua



www.neuschorda.com
A escolla desta novela para o club de lectura de 4º de ESO estivo en consonancia coas tarefas desenvolvidas polas alumnas de 4º este ano no noso proxecto E-twinning.

O proxecto “Etwinautas en las ciudades invisibles” continúa o camiño iniciado o curso pasado como “Matemáticas para viajar a las ciudades invisibles”, con importantes pegadas da literatura universal (o termo “cidades invisibles” está tomado do libro de Ítalo Calvino Las ciudades invisibles e o termo “etwinautas” é un xogo creativo de palabras que fusiona o propio nome do Programa europeo “E-twinning” e a palabra grega “nauta”, con indubidables referencias na literatura clásica). No proxecto cada país participante escolle unha cidade patrimonio da UNESCO ou ben que teña un monumento declarado patrimonio da Humanidade pola Unesco. A nosa escolla ao longo deste curso foi a cidade de Segovia, espazo no que se desenvolve a novela, concretamente, a construcción do acueducto no século I. 

 Neste enlace podedes acceder a una reseña sobre a novela no Blog El Placer de la lectura http://www.elplacerdelalectura.com/2013/12/los-arcos-del-agua-de-montse-barderi.html


www.nuvol.com
Montserrat Barderi amosouse encantada en todo momento de acompañarnos na nosa reunión, facilitando o máis posible a comunicación con ela. Como docente de Ética e Filosofía e  membro do Seminario Filosofía e Xénero da Universidade de Barcelona, a charla foi moi enriquecedora para todo o alumnado que asistiu. Reflexionamos sobre os paralelismos entre a situación política actual e a que se reflicte na novela, o papel da muller na sociedade, a filosofía, a ética e a vida, entre outros temas. E ata saímos no Twitter de Ediciones B, que conta con 18.000 seguidores.





Esta tarde con las lectoras de la biblioteca de Secundaria Do CPI Viaño Pequeno, en Galicia con mi libro Los Arcos del Agua
Unha actividade moi moi destacable na traxectoria do club. Acertamos cando decidimos abrir este encontro coa autora a todos os alumnos e alumnas de 4º de ESO e aos membros do Club de lectura de 3º, que participan tamén no proxecto E-twinning, pois podemos retomar a lectura con este grupo o vindeiro ano, creadas xa unas expectativas. E para ir desenvolvendo esas vosas expectativas, aquí deixamos a reseña elaborada por Marta Otero, Cristina Deus e Luisa Marín  de 4º de ESO sobre a novela:



Cristina

1. Opinión personal:

La verdad es que este libro me gustó muchísimo; al poco rato de empezar a leerlo ya estaba enganchada a él, a pesar de que he de reconocer que a priori no me llamaba mucho la atención. Esto demuestra que no debemos elegir ni juzgar los libros por su apariencia o simplemente por el tema que tratan, ya que nos pueden sorprender mucho como ocurrió en mi caso.

Como he dicho anteriormente, el libro me encantó, ya que al mismo tiempo que es un libro filosófico e histórico, también  es de misterio ya que no se sabe quién es el asesino de Arístides hasta muy entrado el final. Además, me encantan el detalle de todos los acertijos y símbolos dejados por Arístides que Lucio y Amal tenía que descifrar para averiguar quién era su asesino. Al mismo tiempo también es un libro de amor, un libro romántico, sobre todo con la historia de Lucio y Amal, lo que mejora aún más, bajo mi punto de vista, el libro. Me encanta la pareja que forman, ya que ambos personajes me gustan mucho y forman una pareja muy madura.  El personaje de Lucio me gusta mucho porque no le importa la apariencia de Amal, al contario, le parece la mujer más bella del mundo y defiende sus derechos como mujer y, Amal, porque me parece digno de admirar que una mujer en esa época tuviera el valor que tiene ella y que además tuviera tantos conocimientos.
Las treces lecciones finales de Arístides a Lucio están bien, pero he de admitir que me resultaron un poco pesadas.



2. Sensaciones que te produjo la lectura:

·         Me transmitió muchos valores a lo largo de toda la historia ya que es un libro muy filosófico y con el que además aprendes muchas cosas. Algunos de ellos son:

-       Igualdad de los seres humanos (tanto a nivel de sexo, como de nivel económico, apariencia, etc.)

-       No juzgar por las apariencias.

-       Luchar por lo que quieres.

-       La bondad y la justicia.

-       Aprovechar cada día como si fuera el último.

·         A lo largo de toda la historia sentí mucha intriga por saber quién era el asesino de Arístides.

·         Felicidad y alivio al final de la historia, por saber que al final todo acaba bien y además por saber finalmente quien había sido el asesino.

·         Desagrado e incluso rabia por todo lo que le hacían a Atos. Me parece que Tito era un ser muy despiadado y cruel.

·         Pena y tristeza por Amal ya que además de que era discriminada y la trababan mal, su padre la abandonó. Tuvo que ser un golpe muy fuerte para ella.


3. Cita favorita: 

-        No quiero que te vayas. Ya he perdido demasiada en mi vida, no tengo familia si no estoy contigo.
-       Yo soy un impedimento para tu proceso de crecimiento. Conmigo no te esforzarás, solo la soledad te impulsará a salir del mundo…
-       ¿Y si te vas y no vuelvo a verte?
-       Siempre volverás a verme. Me encontrarás en la frase de un libro, en un valor que compartimos, en parte de tu mirada cuando interpretas algo. Si te he enseñado bien, formaré parte de ti para siempre. [...]

Esta cita me parece preciosa; la leería una y otra vez. Además es muy cierta y real, ya que aunque no veas a una persona físicamente, si de verdad hubo momentos bonitos con ella y si de verdad la querías, la seguirás recordando siempre, en cada detalle, en cada momento.



Marta

1. Opinión personal:

Este libro fue muy diferente a como yo pensaba, ya que su portada, que es una cosa en la que me suelo fijar mucho a la hora de elegir un libro, pensé que iba a ser el típico libro histórico que está describiendo todo el tiempo. Pero no, me sorprendió mucho, ya que aunque sí que hay bastante descripción, es algo que me gusta, porque así podemos imaginar cómo era la Roma de antes y compararla con otras ciudades.
Lo que más me gustó fue la amistad de Arístides y Lucio, sobre todo por la compenetración y complicidad que tenían ya que me recordaban mucho a mí y a mis amigas. La historia de Lucio y Amal también fue algo que, para mi gusto, amenizó mucho el libro y lo hizo aún mejor. Además también hay mucho suspense durante toda la historia, lo que hace que te enganches al libro y quieras seguir leyéndolo  y leyéndolo como me pasó a mí.



2. Sensaciones que te produjo la lectura:

- Tristeza, sobre todo cuando contaban como vivían los esclavos y lo mal que los trataban.


- Amistad, en el caso de Arístides y Lucio, al igual que amor en el caso de Lucio y Amal.

- Deseo e intriga por querer saber quién era el asesino de Arístides, con eses suspense que te tiene enganchado hasta el final.

- Maldad por el personaje de Tito en sí mismo, ya que me parece un personaje muy cruel y despiadado.

3. Cita favorita:

“Más que preguntarte quién eres, procura contestar a la pregunta: ¿Qué es lo que soy capaz de hacer?”

Esta cita me parece muy bonita; es de esas frases de libros que quedan marcadas en ti, de las que siempre te acuerdas. Me gusta mucho porque creo que todos nos debemos hacer alguna vez esta pregunta y marcarnos límites y objetivos, luchando por lo que queremos.



Luisa

1. Opinión personal:

Me gusta mucho este libro porque es muy filosófico y el protagonista, Lucio, es muy realista y maduro. Además es un hombre que nos enseña que hay que luchar por aquellas cosas que queremos conseguir, pero no con violencia, si no con honradez, paciencia, sabiduría y sobre todo no inculcar los valores de los demás.

El libro también me gusta mucho porque nos enseña muchos valores éticos, tanto en la cultura como en el campo de la justicia. También nos enseña que esos tiempos y los de ahora son similares en aspectos como por ejemplo la corrupción política, la exclusión social, la pobreza, la violencia y sobre todo las malas personas que existen, que pueden hacerle daño a otras personas sin compasión como pasó en el caso de Arístides. También me gusto el amor que había entre Lucio y Amal, ya que era un amor puro, sincero y bastante maduro.

A pesar de todo esto, debo reconocer que al principio no me llamó mucho la atención porque parecía aburrido, pero me acabó enganchando muchísimo. En resumen, que está muy bien y por encima es muy fácil de leer.

2. Sensaciones que te produjo la lectura:

- Alivio, cuando todo terminó y Lucio por fin consiguió lo que quería, vengando así la muerte de su maestro y además quedándose con Amal.

- Rabia, sobre todo con el asesinó de Arístides y por cómo lo mataron.

- Tristeza por la muerte de Arístides.

- Sentimientos de amor, entre Lucio  y Amal. También en la amistad entre Lucio y Arístides, una amistad incomparable.

- Compasión, por Amal y su pasado, y también por todos los esclavos.

3. Cita favorita:

“No sabía si llorar o vomitar, y esto me ocurría tanto si miraba a la arena como si miraba al público de las gradas”

Esta cita quiere decir que era tan horroroso ver a la gente como disfrutaban que unos se mataran entre otros como ver a los animales luchar entre sí. Me gustó mucho y desde el primero momento sabía que elegiría esta, ya que tiene mucha razón pues hay mucha gente que no tiene corazón y en lo único que piensa es en pasarlo bien debido a los vicios de la vida.










Non demos feito !!

Pois non, este terceiro trimestre foi desenvolvéndose tan tan cargadiño de actividades, datas relevantes, saídas extraescolares, exames... que non houbo tempo de dar conta das nosas múltiples actividades. Tentaremos a continuación facer balance das máis destacadas: 

- Finais de Marzo: Roteiro Literario-Cultural do Club de Lectura

Como cada ano, os membros do club de lectura organizamos o noso día extraescolar de visita cultural. Adiantamos a saída, que usualmente facemos coincidir na semana do Día do Libro, o 23 de Abril por coincidir xustiño á volta das vacacións de Semana Santa e ter programadas outras actividades para eses días.  
Este ano a nosa primeira parada foi na Coruña, no MUNCYT, tentando sacarlle o máximo partido ao lema proposto pola Asesoría de Bibliotecas Escolares este ano "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar". Así, os de 3º e 4º de ESO visitaron e desenvolveron actividades na Exposición temporal  " Libros inmortales, instrumentos esenciales"  na que se exhibe unha selección das obras bibliográficas sen as cales non sería posible explicar a historia da ciencia. Os de 1º e 2º de ESO participaron no Taller Vidriera de Peteiro: Unha amena forma de aprender a estimar, clasificar e identificar   capacidades básicas para a ciencia, desenvolvendo a súa capacidade visual e de cálculo, a "lectura" de imaxes e números.  Ambos grupos tamén disfrutaron dunha visita guiada ás salas máis relevantes do Museo.

Fumos xantar, non sen atrancos, pois non dabamos atopado o camiño, á Casa Museo do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez, onde fomos ben acollid@s e desfrutamos dunha agradable sobremesa xogando ao croquet, un dos pasatempos preferidos polo escritor,  e visitando o interior da casa.


-23 de Abril, Día do Libro: Litemateatro  


Esta actividade foi levada a cabo polo grupo de 3º de ESO, partindo a idea inicial dos membros do clube, mais implicando sabiamente a todo o alumnado de 3º, nun intento consciente de traballar a  competencia cultural e artística e a colaboración entre iguais. Consistiu na adaptación (para lectura) dramática “mateliteraria” dun fragmento do relato El escarabajo de oro de Edgar Allan Poe, representando aos personaxes calculando na procura dun tesouro,  aproveitando o lema deste ano proposto pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, “Ler ciencia na biblioteca escolar”. Un mal cálculo lévalles aos protagonistas a fallar no achado do mesmo nun primeiro momento; afortunadamente, decátanse do erro e retoman os cálculos para finalmente atopalo. Todos os cursos da ESO disfrutaron da escenificación que tivo lugar o Día do libro, 23 de Abril.
















- 17 de Maio, Día das Letras Galegas: Concurso "As letras galegas favoritas d@s prof@s"

Conxuntamente co equipo de Normalización Lingüística, argallamos unha pequena exposición dos libros escollidos polo profesorado, os seus favoritos. O alumnado debía emparellar @ prof@ co seu libro. Esta actividade dou moito xogo para falar de autores, libros argumentos... e conseguir bos premios: un lote de productos galegos de calidade.

E andando, andando...chegou Xuño !!!! Exames, traballos, máis exames, máis traballos... e por fin  VACACIÓNS !!!   Bo verán !!!!