Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de junio de 2014

Balda de Libros (LXIX): Neve en abril. / O grelo mecánico, de Inma López Silva / Xoán Fernández García



A dicir verdade, ningún dos relatos do libro me gustou. O primeiro fala moito das guerras, e en ocasións, chegábame a perder, e non sabía que estaba pasando. E no segundo relato, tamén me perdín moitas veces, e ademais é un relato de ciencia-ficción, que nunca me gustaron.

A escena máis importante de ''Neve en Abril", penso que foi cando Manolo confesou todo sobre o asasinato, xa que nese momento Elixio quedou tranquilo, e atáronse todos os cabos que estaban soltos.

A escena máis importante do segundo relato, penso que foi ó final, cando Tertuliano se encontrou con Tchulopocho e con Pakopp. Xa que nese momento soubose toda a verdade.

O tema, creo que é triste en ambos relatos ,porque nos dous hai moitas mortes, e digamos que ese non é un tema moi alegre.

Por suposto que faría cambios, no primeiro conto quitaría o tema das guerras e en canto ó meu novo final, penso que está mellor que o que ten o relato. E no segundo conto, cambiaría todo o argumento, e falaría de cousas que foran cribles.

Con respecto á lingua, tampouco foi un dos libros máis fácil de entender, porque tiven que buscar moitas palabras no dicionario.

Jennifer López Becerra (3º ESO)

No hay comentarios: