Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de junio de 2014

Balda de Libros (LXX): ¡Prohibido casar, papá!, de Fina Casalderrey



A min este libro gustoume moito, foi un dos mellores que lin ultimamente. Ó principio pensei que non me ía gustar, porque polo título parecíame que ía sobre un neno pequeno, pero ao comezar a lelo xa vin que non era así para nada, e enganchoume dende o primeiro momento.

A escena máis importante de todo o libro penso que foi cando Berta se puxo a falar seriamente con Elia, porque se iso non sucedera, a rapaza non a aceptaría como unha máis na familia, e vemos que ó final xa lle da igual que case con seu pai.

O tema penso que é triste por unha banda, pero pola outra que é feliz. Penso que é triste porque se fala moito da morte da nai de Elia, pero tamén penso que é feliz porque dan o aspecto dunha familia feliz, onde predomina o amor fronte ás desgrazas.

Non faría ningún cambio, penso que está moi ben como está, e en canto ó novo final, deixaría o que ten o libro, porque o meu é moi triste.

A lingua pareceume moi fácil de entender, e aínda que había palabras que non sabía o significado, sacábanse facilmente polo contexto no que estaban.

Jennifer López Becerra (3º ESO)

No hay comentarios: