Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de junio de 2014

Balda de Libros (LXVIII): A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre



A min este libro gustoume bastante por varias razóns. Unha delas foi porque una muller nos tempos de antes, tamén podían facer o mesmo que os homes dentro dun barco. Tamén porque relata moi ben a historia e caracteriza moi ben aos personaxes.

O momento máis importante da historia para min foi cando Emilia foi co seu irmán a onde o comandante e el lle dixo que se súa irmá podía quedar no barco e o comandante lle deixou quedar no barco, porque sen ela non poderían levar a cabo a Expedición.

Eu non faría ningún cambio paréceme que a historia está moi ben así.

A lingua pareceume bastante fácil de entender aínda que había algunhas palabras que non entendía.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

A min o libro pareceume un libro interesante no que se refire ao tema principal, é dicir a idea que a autora pensou para facelo. A verdade é que o libro che me gustou dabondo e a súa lectura era amena pero con momentos de máis interese que outros momentos.

O libro contén 3 partes que están ben difrenciadas que son: Introdución, Nó e Desenlace. A parte que máis me gustou foi cando deciden converter a Emilia en rapaz para que puidese ir á expedición, debido a que foi un momento no que pasa de ser Emilia a ser Marcos.

O libro ten un vocabulario moi fácil de entender pero co transcurso do libro van cada vez aparecendo palabras referidas a nomes de animais ou de plantas que eu non entendía moi ben o seu significado, polo demais o libro ten un vocabulario sinxelo.

Tamén me parece que se pode mellorar no sentido de que hai moitos persoaxes e ás veces cando os nomean non sabes cal e a función de cada quen na historia.

Este libro recomendaríallo ás persoas que lle gusten os libros de aventuras pero á súa vez libros fáciles, pero non por ser fáciles son peores que os outros.

Iván Señarís Veiras (3º ESO)

No hay comentarios: