Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de junio de 2014

Balda de Libros (LXVII): Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño



Esta obra Animaliños gustoume moito xa que para o meu parecer é unha especie de burla dos ricos que normalmente son os propietarios dos adosados xa que o seu custo é elevado. Parécemo porque os ricos teñen fama de ser moi finos e non saben desfacerse duns poucos caracois. Tamén me gustou o rexistro lingüístico que empregan porque lle dá un ton humorístico á obra.

Eu metería máis intervencións dos caracois, contando dende dous puntos de vista a historia; por unha parte dende os caracois que expresarían como están a vivir a situación e o que lle fan os humanos, e outro dende os propietarios como xa se fai.

E por último ampliaría o final contando o proceso que empregarán para acabar coa praga con fumigadores, quitándoos un a un, ou como o fixeran, e o resultado final contando como continuarían as vidas dos propietarios e sabendo se El e Ela definitivamente terían un fillo ou non.

Damián Muíño Bello (4º ESO)

No hay comentarios: