Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 12 de junio de 2014

Balda de Libros (LXVI): Azos de esguello, de Euloxio R Ruibal



Este libro gustoume  porque é de teatro e trata sobre enganar aos demais para acadar máis diñeiro e máis poder. Hoxe en día tamén é así, canto un máis diñeiro ten máis quere ter, sexa o que sexa é por encima de calquera cousa.
A escena que máis me gustou foi cando Asperia e Polita ven na televisión o noticieiro porque falan dun atentado, contra o señor gobernador e mailo seu chófer.
O libro é bo de entender pero o vocabulario ás veces non é tan fácil neste libro, porque ten algunha palabra complicada.
Eu este libro recomendaríao ler xa que ves a situación económica doutras persoas, e como se conta no libro de teatro a como é agora hoxe en día.
Eu o final non o cambiaría porque me gusta tal como está, e senón poñeríase peor.
Margarita Pombo Castro (4º PDC)

No hay comentarios: