Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 19 de xuño de 2024

Book tráiler (CXV): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Martín Ramas Landeira

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Martín Ramas Landeira, 1º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 17 de xuño de 2024

Book tráiler (CXIV): Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

xoves, 13 de xuño de 2024

Book tráiler (CXIII): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Lucía Sánchez Couselo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Lucía Sánchez Couselo, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXII): Usha, de María Reimóndez. Realizado por Ángela Morlán Mosquera

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Usha, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende (col. Merlín. Xerais, 2006). Realización youtubeira: Ángela Morlán Mosquera, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXI): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Fernando Muíño Couto

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Fernando Muíño Couto, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

mércores, 12 de xuño de 2024

Book tráiler (CX): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Fernando García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Fernando García Regueiro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CIX): O Bosque Pálido, de Jaureguizar. Realizado por Gabriela Caneda Baelo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Bosque Pálido, de Jaureguizar (col. Serie azul. Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Gabriela Caneda Baelo, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

martes, 11 de xuño de 2024

Book tráiler (CVIII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CVII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Lara Piñeiro González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Lara Piñeiro González, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CVI): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CV): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CIV): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CIII): O neno do pixama de raias, de John Boyne. Realizado por Gabriela Caneda Baelo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O neno do pixama de raias, de John Boyne, en tradución de Daniel Saavedra (col. Narrativa. Faktoría K, Kalandraka, 2008). Realización youtubeira: Gabriela Caneda Baelo, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 10 de xuño de 2024

Book tráiler (CII): A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Nicolás Marzoa Sendón

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Nicolás Marzoa Sendón, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CI): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (C): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Rebeca Boquete Gendra

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Rebeca Boquete Gendra, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Balda de Libros (XLIII): Palabra de bruxa, de Andrea Barreira

 


Palabra de bruxa. Andrea Barreira. Galaxia

A min gustume moito o libro, volvería lelo, aínda que custoume un pouco entendelo xa que nalgúns capitulos contaban cousas de cando era pequena ou estaba coa súa avoa e lieime un pouco. Tamén tiña algunhas palabras que non entendín. Pero á parte diso, pareceume moi entretido e fácil de ler.

A miña personaxe favorita é a protagonista, xa que a pesar de ser xulgada pola xente, nunca deixou de ser como era e iso paréceme moi importante xa que ás veces deixámonos levar polas opinións dos demais e convertémonos en alguén que non somos de verdade e se o fixeramos todos seriamos iguais.

Os personaxes que menos me gustaron foron os xuíces do tribunal xa que a xulgaban por cousas que non saben se son certas ou non, e outras que non teñen que ver con ninguén, como por exemplo os abortos ou a infertilidade.

Outras personaxes que tamén me gustaron foron as amigas da protagonista, xa que sempre están ao seu lado para apoiala.

Ainhoa Leis Ríos (3º ESO)

Balda de Libros (XLII): A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño

 


A ermida do diaño. Xelucho Abella Chouciño. Galaxia

O meu momento favorito do libro aparece na segunda historia, nela cóntase a historia de dous namorados cunha maldición, sen dúbida o mellor momento é cando o señor se lembra da súa maldición, aínda que non a poida romper, é un momento moi bonito e romantico.

É un libro moi interesante e intrigante, xa que ten un contido moi variado (comedia, horror, ciencia ficción, etc.) e aínda que ten unha lingua un tanto complexa enténdese bastante ben.

Os personaxes son:

Carlos: o señor que sofre a maldición xunto á súa amada; é unha persoa romántica, amorosa, intelixente e que non se rende. Loita pola súa amda e quere que volvan pasar e desfrutar de tempo xuntos, aínda que sexa só cada 100 anos en Samaín.

O señor do can: é unha pesoa moi desconfiada e cariñosa pero só có can abandonado que aparece na porta da súa casa, xa que cando descobre que vive nun bucle no que sempre morre grazas a que o can lle morde o pescozo segue tratándoo ben, tamén é rancoroso cos seus antigos profesores.

E o protagonista da primeira historia: interesado e egoísta, xa que fala co taberneiro cando lle convén e axuda ao señor da ermida a botar aos diaños xa que senón atacaríano a el tamén e sufriría o dano causado polos demos.

Noelia Martínez Rodríguez (3º ESO)

venres, 7 de xuño de 2024

Book tráiler (XCIX): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Brais Castro Señarís

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Brais Castro Señarís, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVIII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Brais Castro Señarís

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Brais Castro Señarís, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVI): A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Lucía Sánchez Couselo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Lucía Sánchez Couselo, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XCV): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

 


Book tráiler (XCIV): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIII): O cero escuro, de An Alfaya. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O cero escuro, de An Alfaya (col. Catavento. Tambre - Edelvives, 2003). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

mércores, 5 de xuño de 2024

Balda de Libros (XLI): Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño

 

Criaturas. Roberto Vidal Bolaño. Positivas

Este libro titúlase Criaturas e foi escrito por Roberto Vidal Bolaño. É un libro de teatro que me pareceu moi interesante e levadeiro, lévate a refexionar bastante sobre todo o que lle acontece ao protagonista das moitas pequenas historias da trama, sobretodo polo referido a el, un ser feo e monstruoso que a xente define como alguén malvado e repugnante, que en verdade a pesar de cometer un crime espantoso, faino por amor, polos sentimentos tan fortes que tiña cara ela pero ela non compartia, non era recíproco.

Outros personaxes son un matrimonio, composto por un home e unha muller que están continuamente pelexando, un cámara que sempre o está gravando todo, un coxo que conta as escasas oportunidades que ten na vida pola súa dificultade, un viaxeiro, o señor do sombreiro, o suicida... entre outros moitos que xa nin lembro.

En resumo este libro gustoume bastante a pesar de ser de teatro, un xénero que a min non me soe apaixonar moito, non foi dificil de ler pero non é facil recordar ben a historia completa, xa que ao estar dividido en varias historias pequenas independentes, por así dicilo, das anteriores, é complicado lembrarse da maioría. Asía atoido, animo a xente a lelo e a descubrir ben a historia completa.

Carla Lema Domínguez (4º ESO)

Balda de Libros (XL): As alumnas, de Paula Carballeira

 

As alumnas. Paula Carballeira. Galaxia

Neste libro hai dúas personaxes Rosa e Elvira, a miña favorita foi Rosa xa que me pareceu moi honesta e tamén me pareceu unha persoa coas ideas moi claras.

Esta obra de teatro gustoume moito xa que é unha historia moi entretida e sinxela de ler.

O que menos me gustou deste libro foi cando Elvira lle contou a Rosa que se quería separar de Ricardo pola súa maneira de ser, tamén a reacción de súa nai ao dicirllo, xa que non a apoiaba e lle dixo que iso eran parvadas, iso deume moita pena porque ninguén apoiaba a Elvira. O que non me gustou de Rosa é que non tivera moi boa vida xa que non tiña unha boa economía.

O que si que me gustou moito das dúas é que quixeran ser mestras pola inspiración que lles daba María Barbeito, por querer seguir o seu exemplo e ser unhas boas ensinantes.

Un detalle que me gustou tamén deste libro é o seu reencontro xa que había moito tempo que non se vían nin se comunicaban porque non tiñan medios.

Esta obra recomendaríalla a calquera persoa, porque como xa dixen é moi sinxelo de ler e moi divertido e entretido.

Valeria Grela Bello (4º ESO)

Balda de Libros (XXXIX): Tartufo, de Molière. Trad. Loli Ramos Duarte

 

Tartufo. Molière. Trad. Loli Ramos Duarte, Positivas

Ola, eu son Nerea Sánchez Castro e vouvos dar a miña opinión sobre a obra teatral Tartufo. A min persoalmente este libro gustoume xa que me entretivo moito ao lelo, basicamente porque é moi emocionante xa que non te chegas a imaxinar o que pode pasar ao longo da historia e iso é o que o fai entretido para o meu pensar.

Á parte ten unha linguaxe que está moi adaptada á nosa idade e así o poidamos ler mellor e tampouco lle dá moitas voltas á historia e así énos moito máis fácil de entender.

O meu personaxe favorito é Orgon porque me pareceu moi bonito o xesto de rescatar a alguén da rúa (que non ten casa propia), e levalo para a súa propia casa.

O meu momento preferido da historia, sen pensalo moito, é o final porque é onde máis cousas pasan, por exemplo cando Tartufo cumpriu a súa ameaza e conseguiu botar a xente que estaba ocupando a súa casa levando os gardas para que os botaran porque tiñan o permiso de evacuación.

Nerea Sánchez Castro (4º ESO)

Cleanto é o meu personaxe favorito. Na obra, Cleanto interpreta o papel do cuñado de Orgón e distínguese por ser o que representa a voz sensata. É un individuo prudente e lóxico, cuxo propósito é alertar á súa familia sobre as verdadeiras intencións de Tartufo. No medio da cegueira de Orgón, a súa lóxica e o seu bo sentido son como un sopro de aire fresco.

Tartufo, é o personaxe que menos me gusta. A pesar de ser o personaxe principal e central, Tartufo é extremadamente manipulador e deshonesto. Mostra o seu falso fervor relixioso mentres planea aproveitarse da familia de Orgón, reflectindo así a hipocrisía relixiosa. É un personaxe desprezable pola súa falta de escrúpulos e moralidade.

Os momentos que me parecen máis interesantes son:

- Na escena, Elmira, a muller de Orgón, deixa ao descuberto Tartufo despois de darse conta das súas verdadeiras intencións. Pero en vez de enfrontarse a el directamente diante do seu marido, decide ocultar a Orgón para que poida presenciar a Tartufo intentando seducila. Neste momento importante, revélase a verdadeira esencia de Tartufo e a súa influencia en Orgón comeza a esvaecerse.

- Tartufo é arrestado ao final, e a familia de Orgón consegue salvarse. Ademais de ofrecer unha conclusión satisfactoria, este final destaca a xustiza e o castigo merecido para os hipócritas e enganando.

É difícil querer modificar algo nunha obra que tanto che gusta. Porén, o desenvolvemento do personaxe de Orgon na súa percepción de Tartufo puido observarse de forma máis gradual. Neste punto, o seu cambio de opinión é brusco, pero podería ter un impacto aínda maior se ao longo da obra se reflicten máis sinais das súas dúbidas e conflitos internos.

Resúltame difícil entender o vocabulario. Se tes un pouco de contexto e coñecementos sobre a linguaxe teatral, o texto é accesible e merece ser valorado.

Ainoha González Iglesias (4º ESO)

Balda de Libros (XXXVIII): Somos criminais, de José Prieto, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco

 

Somos criminais. José Prieto, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco. Positivas

Este libro gustoume e fíxome rir moito. Pareceume bastante curioso o feito de que se represente a fala tal e como nós falaríamos, recalcando por exemplo variedades dialectais como o seseo, a gheada ou incluso algúns castelanismos de xeito ocasional para plasmar o verdadeiro nome que lle damos ás cousas na fala coloquial. Por este motivo, facilítase a lectura e axuda a que entendamos todo sen problema.

Consiste nun diálogo que manteñen dous personaxes, Touriñán e Carlos, que andan comentando, á mesma vez que fan parodia, diferentes noticias que ocorreron en España e como serían esas mesmas se ocorreran en Galiza. Son dous personaxes reais coñecidos que saen bastantes veces na TVG.

O meu favorito é Touriñán, xa que sempre me pareceu moi simpático e bastante bo á hora de facer chistes.

Se prefires un libro de comedia co que vaias rir, sen dúbida, esta obra sería unha boa opción e por iso anímovos a lelo.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)

martes, 4 de xuño de 2024

Balda de Libros (XXXVII): Reo, de Xesús Fraga

 

Reo. Xesús Fraga. Galaxia

Para empezar, a min este libro gustoume bastante xa que tampouco é un libro común, xa que fala dun neno chamado Reo, que verdadeiramente ese non é o seu nome e que fai grafittis. E ten unha banda de Hip-Hop.

Gústame tamén xa que engaden moitos personaxes e para min iso fai que a historia sea máis fácil, dinámica e entretida ao ler, xa que non se fai tan descritiva (neste caso) e hai máis historia. Tamén me gustou e non polo feito do final, si que me gustou porque me pareceu moi inesperado, non é un relato que se vaia ver o que vai pasar a non ser nos momentos con Cora (unha amiga), polo resto é todo bastante inesperado, e iso gústame. Pola contra, o que non me gustou foi o feito de que non dixeran que era “Oni” o segundo inimigo de Reo.

E por último, o meu personaxe favorito foi Cora, xa que aínda que non falara tanto como outros pareceume unha nena moi espabilada e agudiña, e á parte moi extrovertida e iso gustoume. E un dos que menos sería Thum xa que tampouco lle vin moito movemento pola historia e foi un pouco aburrido.

Carla Caramés Rivas (3º ESO)

Reo de Xesús Fraga é unha novela que me gustou moito xa que é un relato no que pasan moitas cousas que poden suceder hoxe en día.

A min gustoume moito o personaxe Reo, paréceme unha persoa á que a vida lle pon moitos obstáculos e aínda así segue adiante, sen ningunha dúbida é o meu personaxe favorito. Outro personaxe que tamén me gustou bastante é Cora xa que intentou escaparse dun sufrimento que lle estaba ocasionando súa nai aínda que despois non o conseguiu e tivo que marchar igual pero tamén me gustou.

Unha das escenas que máis me gustaron da novela foi cando na festa foron falar e arranxar algunhas cousas e acabaron gustándose e dándose bicos. E outra das que máis me gustou foi cando encontraron o seu amigo morto e querían ir ao seu enterro, non sabían como era o seu nome real, entón non sabían se ir ou non porque non coñecían a ninguén da súa familia nin nada, só sabían o seu alcume e nada máis.

A novela en si gustoume bastante e pareceume fácil de ler e interesante.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

O que máis me gustou deste libro é a súa historia e como trata ao seu personaxe, se a analizamos encontrámonos a un rapaz de dezasete anos do que non se nos dá o seu nome pero si o alcume Reo, un rapaz ao que non lle gustan os estudos e quere dedicarse á escritura en muros, o que vén sendo o grafiti. Vamos, o típico un rapaz adolescente ao que non lle gustan os estudos e quere dedicarse á súa paixón que neste caso vén sendo o grafiti. A este rapaz sucédenlle uns acontecementos que o van cambiar a el e á súa forma de pensar, conflictos cos pais, problemas coa moza, a policía..., estes feitos que nos dá a historia e abrandan ao personaxe son o que me encanta deste libro xa que polo menos no meu caso síntome identificado co personaxe e faime collerlle cariño e aprecio.

Non estou dicindo que os seus actos estean de todo ben pero tampouco o critico e penso que non debe de ser fácil que o teu pasatempo favorito non sexa de todo legal.

Se a isto do personaxe e a boa historia que transmite lle engadimos a linguaxe doada e vulgar que manexa fai unha mestura na que sae un libro moi divertido e o cal recomendo que o leades.

Mateo Pérez Vázquez (3º ESO)

Esta novela trata sobre a historia dun grafiteiro, o cal esconde o seu verdadeiro nome co seu nome artístico: Reo é un libro que me gustou moito posto que a historia atrápate dende que comezan as ‘pelexas’ entre Reo e Virus, que é outro grafiteiro coñecido naquel lugar.

En xeral o libro ten unha historia que atrapa a calquera persoa porque non só trata de grafitis, senón que tamén se aprecia a historia dun rapaz de dezasete anos que ten amigos, os cales non son poucos, estudos, que son un punto importante da historia porque Reo terá que ter sempre na súa cabeza no transcorrer do libro que os exames finais estaban por chegar. Ademais diso, a forma na que o narrador vai contando as cousas paréceme axeitada posto que explica o suficiente as cousas e si fai falta danse detalles.

A linguaxe do libro pareceume axeitada porque a persoa que está a falar coma narrador é un adolescente, así que non podes esperar que che vaia falar coma se fose un home culto, senón que ten as súas maneiras coloquiais de dicir algunha que outra palabra, ese detalle gustoume moito.

Para finalizar, o libro ten un desenvolvemento bastante bo xa que vai ao que vai (aínda que poden resaltar algunha matiz especial dalgún momento pero non son innecesarias tampouco) e os personaxes son bastante variados e interesantes

Diego Vásquez Fernández (3º ESO)

Reo, un rapaz de dezasete anos a piques de cumprir os dezaoito, acabando bacharelato, ao que lle gusta moito facer graffitys pola rúa, porque ten moi boa man para pintar.

Ben, este libro lese moi fácil e ten un vocabulario moi sinxelo de entender e axeitado para a nosa idade. Algo que non me gustou moito é que ten un final moi aberto e a min persoalmente non me gustan os relatos que te deixan coa intriga do final sen saber o que pasará.

Tamén non me gustou moito este libro porque aínda que trate un pouco do amor de adolescentes pareceume un pouco aburrido xa que a maioría trata dos graffitis e a min iso non me interesa.

O meu personaxe preferido é Sen xa que para a idade que ten xa ten pensado sacar un álbum xunto co seu irmán xemelgo, e ten moita iniciativa. E outro que me gustou moito foi Reo xa que é o protagonista da historia e non se rende na busca de Oni.

Un personaxe que non me gustou nada foi Oni xa que é o contrincante de Reo, o protagonista, e nunca se sabe quen é.

Se vos gustan os libros con final intrigante anímovos a que o leades pero se ese non é o caso non volo recomendo ler xa que vos vai parecer aburrido.

Laura Rodríguez Seoane (3º ESO)

Reo é un libro de Xesús Fraga que conta a historia dun rapaz que está a acabar o bacharelato chamado como di o título, que quere ser o rei dos graffitis pero ten competencia cun deles, Oni. Tamén ten un lugar cos seus amigos chamado A-100 Grew.

Nesta novela hai moitos personaxes pero o meu personaxe favoritos é Reo xa que axuda as persoas e loita polo seu soño de ser o rei dos graffitis no seu barrio. E outro personaxe que me gustou moito foi Cora (unha rapaza brasileira que cursa na clase de Reo) porque e unha rapaza moi valente e simpática. Hai moitos personaxes como os irmáns xemelgos Sen e Rai, amigos de Reo que eran moi distintos pero a súa paixón pola musica uníaos.

O momento máis interesante para min foi cando Reo e Cora quedaron mirando as luces.

Eu cambiaralle o final porque é moi aberto xa que te deixa con moitas dúbidas e gustaríame que o relato acabara cun final máis pechado.

A min, persoalmente gustoume moito o libro paréceme fácil de ler e rápido, ademais é entretido aínda que podía ter un desenlace diferente.

O vocabulario non é moi difícil e enténdese ben. Recoméndollo á xente que lle gusten os libros de adolescentes.

Lidia González Rey (3º ESO)

Para min Reo foi un libro moi bo para ler porque non ten palabras moi complexas nin vocabulario moi difícil de entender como outros textos que dificultan a súa comprensiónn.

En canto á historia que nos conta, non me gusta moito simplemente porque non nos dá nada informativo e non é un tipo de libro que me guste, porque prefiro os temas de acción que che fagan sentir un pouco de emoción.

O que son os personaxes foi o aspecto que máis me gustou, sobre todo o personaxe de Reo, que é o protagonista, porque non é un personaxe plano e tamén hai aspectos que non me gustan tanto como a súa actitude porque é algo egoísta, a peor parte de todo.

Para min, sen dúbida o título é enganoso porque non nos permite entender se a historia que se vai contar nos vai gustar porque non nos axuda a saber que tipo de libro é, non che dá ningunha pista sobre o tema da novela e tes que comezar a lelo para saber de que trata.

Brais Castro Señarís (3º ESO)

Para min foi un dos dous libros que máis me gustou, aínda que é algo longo, pero lese rápido e unha vez que empezas a ler non te podes parar porque é moi interesante polo que vai acontecer. E o que mais me chocou foi o final porque non me esperaba nada así.

O personaxe que máis me gustou foi Cora, unha nena brasileira, porque parece moi boa nena e quérelle moi ben a todos os personaxes da historia e sempre está feliz.

Tamén me gustou moito Reo porque é un enredante e á parte empezou a facer grafitis sin ter idea, só porque lle gustaba e tivo que competir contra dous reis dos grafitis ata gañarlle e asi el conseguiu ser o ( rei ) polo esforzo que lle botou a prácticas polas rúas.

Os que menos me gustaron foron os mellizos porque son moi paradiños, calados e vergonzosos ata co do club.

É fácil de ler porque o vocabulario é moi sinxelo, por iso recoméndolle a lectura a todas as persoas, xa que é válido para todas as idades.

Ángel Castro Noya (3º ESO)