Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 11 de decembro de 2015

Balda de Libros (XII): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Este é un libro que me gustou moito porque é bastante sinxelo de ler, ten moitos debuxos, pareceume moi entretido, e tívome moi enganchada para saber quen é o asasino da protagonista, Lurdes.

O momento máis importante paréceme cando Ana se dá conta de que o asasino pode ser Pepe Castro, despois de estar enleada con el.

O que eu cambiaría deste relato é que Ana se enlease con Pepe porque estaba facendo o seu traballo e non se pode despistar. A parte de que se vía desde o principio que era el o asasino.

O meu personaxe favorito é a señora do 3ºC, porque aínda que non é dos personaxes principais, pareceume moi boa e proporcionou información moi importante sobre o caso.

Respecto ao final do relato, cambiaríao porque me parece moi obvio quen era o asasino, e gustaríame que fose un pouco máis intrigante, pero aínda así gustoume.

Para min foi moi sinxelo de ler porque é bastante curto e usa un vocabulario fácil. Recoméndollo á xente aínda que non lle guste moito ler, xa que se fai moi entretido e lese moi rápido.

Alicia Guillín Casal (4º ESO)

Balda de Libros (XI): Que me queres, amor?, de Manuel Rivas


Que me queres, amor? Manuel Rivas. Galaxia

A min este libro gustoume moito, porque as historias eran moi interesantes, é un libro entretido, e cando les unha páxina desexas que chegue a seguinte para saber o que pasa. 

O relato que máis me gustou foi "A lingua das bolboretas" porque é unha historia moi bonita, pero eu cambiaríalle o final, porque non me gustou que lle pasase iso ó profesor. E o relato que menos me gustou foi o de "Conga Conga", porque é moi curto, e ó contrario dos demais relatos, non me enganchaba tanto como para ter o mesmo entusiasmo para seguilo lendo.

Recomendaríalle este libro a todas as persoas do mundo ás que lle guste ler, pero en especial, recomendaríallo a todos aqueles que leron o libro de Males de cabeza de Fran Alonso e que lle gustou, porque é un libro do mesmo estilo, ten relatos de moitos tipos diferentes, e pásase moi ben lendo.

Ata o momento é o libro que máis me gustou dos que lin dende que empecei a ler libros en galego en primeiro de ESO.

Adrián González Lage (3º ESO)

A min estas historias parecéronme moi interesantes porque sempre estaba desexando empezar o seguinte relato.

A parte que máis me gustou foi “A lingua das bolboretas” porque é unha historia moi conmovedora polo final tráxico, tamén me gustou pola relación que había entre Pardal e o mestre.

O relato que menos me gustou foi “Cousas” porque non me gustou que as cousas cobraran vida, parecíame moi infantil e moi curto.

Faría un cambio no relato “Unha flor branca para os morcegos”, pis ao final do relato intentaría que Dani atrapara a Don a través da nai.

Os personaxes parecéronme axeitados pero eliminaría o marido da chinesa do relato "Un saxo na néboa” para que o protagonista puidera fuxir con ela.

En xeral todos os relatos gustáronme, aínda que uns máis ca outros. E a lingua pareceume axeitada e fácil.

Recomendaríallo a Dani e a Alicia porque me parece un libro con relatos moi interesantes e tamén porque é fácil de entender e de resumir.

Laura Mariño Rey (4º ESO)

xoves, 10 de decembro de 2015

Balda de Libros (X): Morning Star, de Xosé Miranda



Persoalmente, esta historia agradoume moito, polo feito de que trata de aventuras e dunha procura dun tesouro xa me gustou. E se lle engadimos una historia de amor polo medio, aínda me gusta máis.

O meu personaxe preferido é o cego Campanachoca. Paréceme moi importante o seu papel nesta historia  xa que lles axuda a fuxir aos namorados. O personaxe que menos me gusta é Rivadulla, xa que é o principal antagonista da historia e intenta matar a Lourenzo.

Porén, o título non me parece moi apropiado, xa que non engloba a historia enteira, por iso, eu poríalle Procurando o tesouro, xa que é a acción principal de esta historia.

Ademais, recomendaríalles este libro ás persoas que lles gusten as historias sobre aventuras. Pero tamén llo recomendo a Irea, Laura e Alicia, para que poidamos comentar sobre el e xuntar as nosas opinións.

Daniel Castro Álvarez (4º ESO)

Balda de Libros (IX): Os dous de sempre, de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao



Este libro gustoume porque é doado de ler, non ten moitas dificultades e é moi ameno, danche ganas de seguir lendo e de saber se o desastre de Pedriño vai conseguir, dunha vez por todas, un traballo para o que sirva. Gustoume moito cando Manuel, o seu propio curmán, decide envialo de volta debido a que non servía para ningún traballo.

O momento máis importante para min, foi cando Pedriño casou con Filomena e tiña por fin un traballo. Tamén penso que é importante cando o despiden do traballo por roubar.

O meu personaxe favorito é a tía Ádega, porque esa muller está toda a vida axudando a Pedriño e a pobre non leva máis ca disgustos por parte del. Tamén me gustou moito o personaxe de Rañolas, xa que, dos dous, el é o que máis cabeciña ten e o que máis se esforza.

Recomendaría este libro a todo o mundo sen dúbida, xa que é un libro moi bo e moi entretido.

Xosé Barreiro Hernández (4º ESO)


Non me gustou moito, os personaxes eran moi diferentes. Pedro ó principio era un neno que era capaz de facer calquera cousa por comer. Despois ao ir vivir con sua tía non era capaz de aprender nada. O pobre Rañolas pasounas moi negras, o cal non me parece ben, para conseguir as súas pernas e ser un home coma outro calquera.

Non me gustou que Pedro con tal de comer non lle importaba roubar, para min dálle un sentido algo cutre ao personaxe, tamén era moi preuiceiro e non valía para nada. Non me gustou moito que cando Rañolas conseguiu as súas pernas, vai e mátase, el tiña que ter outro final.

Para min o final tiña que ser moito mellor, Rañolas loitou moito e non se merecía ese final.

Recoméndolle o libro para xente da miña idade aínda que sea algo difícil de ler. Porén é moi rápido de ler pois lino moi fluído, e iso para min na lectura dun libro conta moito.

Iván Rodríguez Paredes (4º ESO)


Este libro foi un dos libros que máis me gustou dos que levo lido. Decídin coller esta obra porque o seu autor é Castelao, e para min é o escritor favorito da lingua galega.

Este libro encantoume porque é moi curto e sinxelo de ler, e no contido pasan moitas desgrazas coma as que lle pasan a Pedro, que fan que o libro sexa máis interesante.

O momento que máis me gustou foi cando a tía Ádega axúdalle a Pedriño a buscar traballo para ter un futuro. E o momento que menos me gustou foi que Pedriño non sabía aproveitar as axudas que recibía pola tía Ádega.

Recoméndollo ler a todas as persoas xa que ten un vocabulario sinxelo e fácil de ler e é moi interesante, pois dunha vez que empezas a ler xa non podes parar.

Sergio Arias García (4º ESO)

Balda de Libros (VIII): Criminal, de Xurxo Borrazás



A novela gústame, o que non me gusta é a maneira en que a conta, anda de atrás para adiante. Queres lela seguido e non dás, pérdome moito e sempre teño que volver a ler ou pensar o que pasou antes. Tamén mestura moitos acontecementos da novela.

Hai cousas que non entendo, como o final, non sei se colle o tren para escapar porque ten medo de que o collan alí. Gústame moito a historia pero a forma de contar as cousas e que vaian de adiante para atrás non me convence nada, a verdade é que se me fixo moi pesado de ler porque me perdía seguido. Penso que estaría moito mellor se fora todo seguido. 

A parte que máis me gusta é cando Daniel está morto e el lámbelle nos fociños e dálle un montón de voltas para que se levante.

Recomendo este libro á xente que lle guste bastante ler porque a verdade é que me pareceu moi difícil de entender.

Iván Rodríguez Paredes (4º ESO)

Balda de Libros (VII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas



Este libro foi un dos que máis me gustou ultimamente, xa que é moi entretido porque cando o empezas a ler engánchate e xa non queres deixar a lectura. Tamén me gustou porque é bastante fácil de ler e non ten moitas palabras difíciles de entender. 

Unha das razóns polas que decidín ler este libro foi pola recente morte do autor, e pareceume unha boa homenaxe lelo. 

A parte que máis me gustou foi cando atopou a súa mestra e foi ó seu pobo a buscala e a parte que menos me gustou foi cando lle morreu o can, porque me pareceu un momento moi triste. 

O meu personaxe favorito do libro é o protagonista, que se chama Balbino, é o meu favorito xa que lle gusta moito a aventura e enfróntase ós seus problemas. Tamén me gustou bastante o personaxe de Lelo, porque salvou a Balbino de caer ó río. 

Este libro recoméndollo a calquera persoa que lle guste ler, porque o libro me pareceu moi entretido.

Adrián Landeira Pose (4º ESO)

A min este libro gustoume moito, xa que é moi emotivo, sobre todo para a xente que vive na aldea, coma a maioría de nós, aínda que agora vivir na aldea non é tan inxusto como era antes.

A lectura do libro é moi sinxela, xa que está escrita dunha forma moi clara. No libro sábese perfectamente o difícil que era vivir naquela época. A maioría dos que vivían no rural eran pobres. 

Este libro é un dos máis famosos da literatura galega, xa que é o libro escrito en galego que a máis idiomas se traduciu, dende o inglés chegando ata o chinés. Cando souben que este libro estaba na lista de lecturas non dubidei en collelo, xa que é unha narración que leu case todo o mundo. 

Recomendaríalle este libro a todas as persoas, pero sobre todo as que viven na aldea, para que se deran conta de cómo cambiou a vida no rural, xa que a maioría da xente de agora vive ben pero antes era todo o contrario.

Manuel Vázquez Noya (4º ESO)


A min o libro encantoume, porque trata sobre cousas da aldea e a min gústame vivir na aldea. A lectura do libro é sinxela, porque está escrita moi claramente. 

A parte que máis me gustou, foi cando Balbino esvarou no río e o salvou aquel rapaz, e a parte que menos me gustou foi cando morreu o seu padriño, porque me recorda a cando morreu meu avó. 

O personaxe que máis me gustou foi Balbino, porque é humilde, e gústalle vivir na aldea, e o que menos me gustou foi o pai, porque lle pegaba a Balbino en varias ocasión durante a historia. 

Non me gustou o final, porque eu esperaba que Balbino cumprise o seu soño de ser famoso. 

Recomendaría este libro a todo o mundo, porque é un libro moi bonito, pero recomendaríallo sobre todo ás persoas que nunca estiveron nunha aldea, para que saiban como era vivir na nela no pasado, e para que non pensen que a aldea é un lugar peor para vivir que a cidade.

Adrián González Lage (4º ESO)


Este libro gustame moito porque fala de cousas que hai anos eran verdade, fala de que os labregos son persoas marxinais, da diferenza que hai entre os pobres e os ricos e o moito que teñen que loitar os pobres para sobrevivir mentres que os ricos danlle todo feito e fan o que queren.

Este libro faite reflexionar sobre a diferenza das clases e o moito que condiciona o lugar onde naces e a familia que che toca, xa que hai grandes diferencias nas oportunidades que lle dan a cada unha e o respeto que lle teñen.

A mellor parte foi cando dicía que Balbino era o mellor da clase pero decepcionoume que deixara a escola por culpa da mestra, xa que podería ter un futuro moito mellor.

A parte que menos me gustou foi o final, xa que Balbino non merecía que lle pegaran por culpa do señor. Manolito non debeu insultalo porque Balbino non lle fixo nada, ademais, Manolito tiña que terlle dito a seu pai que a culpa non fora de Balbino.


Eu recomendaríalle este libro a Dani e a Alicia para que reflexionen un pouco sobre as grandes diferenzas entre as clases e que dean conta do que sofren algunhas familias.

Laura Mariño Rey (4º ESO)

Realmente esta lectura foi do meu agrado, gustoume moito o sentimento que Balbino amosa pola súa profesora, porque ao final ela marcha.
É un libro moi emotivo para quen tivera vivencias na aldea coma min, por exemplo: botar dias e noites sen durmir por culpa de ensilar ou outras moitas cousa máis, aínda que agora xa non hai Señor na aldea que mande no resto dos veciños. 
É destes libros que les un capítulo e queres ler o outro rapidamente por que tes ganas de saber o que vai pasar nos capítulos restantes.
Ten un vocabulario sinxelo e moi fácil de ler, hai algunhas palabras que ao mellor non sabes que significan, pero pasa case sempre en todos os libros.
Recomendo este libro para que lean todos os que queiran, de seguro que lles vai gustar, aínda que o que lle pasa ao protagonista é algo triste, non é máis que a realidade daquela época en Galicia, por sorte agora creo que xa non é así.
Samuel Vieites Abelenda (3º ESO)

Balda de Libros (VI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz


Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz. Xerais

Gustoume moito este libro porque non se fai nada pesado, e a historia está moi ben elaborada. O momento máis importante do libro paréceme que é cando Tareixa descobre que foi o que lle pasou ao seu irmán e a Adrián.

Así a todo, faría algún cambio no desenvolvemento, como que Tareixa e o seu irmán, Xabier, investigaran xuntos o que lle pasou a Adrián, en vez de separados como acontece no libro.

Non cambiaría o final pois penso que non se descubra totalmente a resposta ao misterio fai o libro máis interesante.

Ten un vocabulario fácil de entender. Recoméndolle este libro á xente que lle gusten os libros de misterio e aventuras, cun toque de medo. É un libro que te enagancha e te empuxa a seguir lendo, mantendo sempre o misterio. Hai momentos nos que produce un pouco de medo. Gustoume moito o feito de que a historia (polo menos a maior parte) estea contada a través de cartas en vez de cómo un libro habitual. Estaría ben que o libro fora un pouco máis extenso e que se profundizara máis na orixe da maldición da casa.

Olaya Dubra Boquete (3º ESO)

Balda de Libros (V): O que é a vida, de Manuel Lourenzo González


O que é a vida. Manuel Lourenzo González. Xerais

O libro O que é a vida pareceume moi interesante á vez que divertido. Tendo en conta que son dúas historias nun mesmo relato ao principio confunde un pouco pero despois cando o vas entendendo decátaste de que é moi entretido. 

Na historia de Teo Runner extendería un pouco o final, dicindo que pasou con eles. Tamén lles cambairía as idades xa que me parecen moi novos para todo polo que pasan. 

En cambio na segunda historia cambiaría o final, non me gustou que morreran os dous, cambiaríao a un no que, finalmente, poden ser felices e ninguén morre, unha historia máis pacífica, porque tampouco me parece moi bonito que teña que matar ao seu mellor amigo pola muller dese mismo. 

O libro en si está moi ben e eu recomendariao para persoas que lles guste ler a comedia con algo de drama. O vocabulario pareceume fácil de entender. En resume, un libro de notable.

Laura Martínez Calvo (3º ESO)

Balda de Libros (IV): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre



Este libro gustoume moito, é entretido e é realista porque che fai sentir como se tiveses na súa pel e todas as cousas que lle van pasando a unha rapaza bastante nova. O momento do libro que máis me gustou foi cando Carlota, a protagonista do libro rematou co tratamento, que estaba dando por unha enfermidade, e xa podía deixar medrar o pelo, tamén cando Moncho e ela no ensaio se bicaron e Moncho conseguiu que ela perdese a vergonza e quitase o gorro. O final gustoume bastante a forma en como ela remata feliz. 

O vocabulario, na miña opinión, é bastante fácil porque non se complica moito. 

É un libro moi bonito para ler as persoas que lle gusten as historias reais e que lle guste ir sentindo todo o que lle pasa á protagonista porque hai casos na vida real que son moi similares e este é un exemplo de superación da súa vergonza ante todos. Recomendo este libro, porque está moi ben.


Antía Iglesias Iglesias (3ºESO)

É un libro que está moi ben e que recomendaría para todas as idades pero sobretodo para adolescentes xa que a min gustoume moito e divertinme moito léndoo. A parte que máis me gustou foi cando empeza a saír con Moncho. Unha parte que non me gustou tanto e que me pareceu un pouco triste foi cando a avoa lle di a Carlota que súa nai lle mentira e lle di que ten cancro e que lle quedaban poucos anos.  

Non me pareceu un final axeitado porque creo que debería continuar un pouco máis a historia e que falara de cando lle crece o cabelo e para saber como continúa a súa relación con Moncho e o que lle pasa a súa avoa. Se fose eu continuaríalle a historia desta maneira: A Carlota crécelle o cabelo e ten unha enorme melena rubia. Vólvese a rapaza máis guapa da clase e Miguel corta con Paulina para saír con ela. Cando se fan maiores casan e teñen fillos. A avoa puido ir á voda, xa se recuperara do cancro e viviu moitos anos máis.

Foime moi fácil de ler e entender e gustoume moito. Recoméndoo!! 

Fernando José Couselo Noya (3º ESO)

venres, 4 de decembro de 2015

Balda de Libros (III): Males de cabeza, de Fran Alonso


Males de cabeza. Fran Alonso. Xerais

Este libro gustoume moito porque era curto, e iso facilitaba a lectura, porque hai libros que son moi longos, e danche ganas de deixar de lelos. Tamén me gustou porque foi doado de ler, o vocabulario non era moi difícil.

O relato que máis me gustou foi o “Os aforros da vella”, porque fíxome gracia cando a vella pensara que perdera todos os cartos. Tamén me gustou “Carapuchiña e o pobo feroz”, porque adapta un conto popular e coñecido por moita xente, e faino moito máis divertido e entretido.

O único que cambiaría sería alongar un pouquiño máis os relatos, para que fosen máis entretidos e o pasaras mellor o tempo que o leses. O personaxe que máis me gustou foi o lobo de “Carapuchiña e o pobo feroz” xa que a el bótanlle todas as culpas  e non fai nada para que llas botaran. 

Recomendaríallo a todos porque tes moitos relatos para escoller e se non che gusta ou non che acaba de convencer algún, podes ler outro relato calquera dos que veñen no libro.

José Barreiro Hernández (4º ESO)


Este libro gustoume moito, porque quitando o relato de “A tolemia é un sombreiro”, que usa un vocabulario un pouco difícil, o resto do libro é moi levadeiro e fácil de ler. Está bastante ben porque as historias entreteñen moito e ó ter moitos relatos pódese ir lendo ós poucos. 

O meu personaxe favorito de todos os relatos e o Cidadán, un home en paro que non chega a fin de mes. En concreto o relato que máis me gustou foi o de “Círculo vicioso”, que fala sobre o punto de vista dun barcelonista como ve a un madridista e critica o que este di, tamén fala dende o punto de vista dunha rapaza e dun taxista que se contradi a si mesmo e se enfada. E o relato que menos me gustou foi o de “A tolemia é un sombreiro” porque non me pareceu nada entretido, xa que non é unha historia, é máis ben unha reflexión onde fala dos distintos desequilibrios mentais que sofren os doentes dun hospital psiquiátrico. 

Recoméndolle este libro a calquera persoa porque eu me entretiven bastante con el e gustoume.

Adrián Landeira Pose (4º ESO)


Este libro gustoume moito porque ten varias historias curtas, porque se te aburre unha delas podes pasar para outra historia que che guste máis. Se che cadra unha historia que che guste moito é imposible parar de ler nela.

A min un dos relatos que máis me gustou foi “Os aforros da vella”, porque vai sobre unha vella que non confia na xente e os seus netos dinlle que meta os aforros no banco porque se os tiña na casa corría o risco de que llos roubasen. Ao final os netos convencérona e ela ingresou os aforros, pero ao non confiar na xente ía todos os dias ao banco para saber se aínda tiña os cartos.

É un dos libros que máis me gustou dos que levo lido ata agora. Gustoume porque as historias son moi rápidas de ler, son moi divertidas e tamen ten un vocabulario moi sinxelo.

Recoméndollo a todas as persoas porque as historias son moi amenas e moi breves.

Sergio Arias García (4º ESO)


Persoalmente os relatos deste libro gustáronme moito, algúns foron máis sinxelos de ler que outros debido a que son moi curtos e teñen un vocabulario moi fácil, menos nun ou dous relatos, como pode ser "A tolemia é un sombreiro", que para min ten un vocabulario moi difícil de entender.  

O libro está moi ben porque son historias moi entretidas, non son nada aburridas como noutros libros.  O relato  que máis me gustou foi "Os aforros da vella" porque pareceume gracioso que a vella non se fiara do banco. Tamén me gustou moito "Desviación da chamada", e o que menos me gustou foi a primeira parte de "Círculo vicioso" xa que o home fala mal dos afeccionados ao fútbol, e eu son un gran seguidor dese deporte. 

En resume, recomendaríalle este libro a calquera persoa porque me gustou moito, debido a que todos os relatos son moi entretidos

Manuel Vázquez Noya (4º ESO)


Sen dubidalo, para min foi o libro máis entretido dos que lin, gustoume moitísimo, e lino en moi pouco tempo, porque é moi ameno.

O relato que máis me gustou foi o dos tres personaxes, o Culé, a Merengue que era taxista e a Celtista, porque era moi divertida a súa forma de falar. O meu personae preferido foi a taxista porque foi a que máis me fixo rir.

Tamén me gustou moito, o relato dos aforros da vella, porque a señora desconfiaba dos bancos, e pensaba que se non tiña os seus cartos á vista pois que llos ian roubar, e iso fíxome moita gracia. Pero este conto sorprendeume porque pensaba que os fillos da vella cando a convencesen, xa ela non se ía preocupar dos cartos, pero ela ía sempre a velos.

E o relato que menos me interesou foi o de "Domesticum bellum", porque non me gustou nada que entre eles se pelexasen por unha tontería como a de baixar o lixo, foi o que máis tempo me levou ler. 

Eu recomendo este libro porque é fácil de ler, e aínda que parece longo, lese moi rápido.

Adrián González Laxe (4º ESO)

A min este libro gustoume moito, porque é un libro con moitos relatos entón podelos ir lendo pouco a pouco e se non che gusta un pasas ao seguinte. A min gustáronme todos porque son divertidos, simpáticos, teñen vocabulario fácil e non son moi longos. O único que non me gustou foi o final aberto de "Economía de guerra" porque non me gustan os finais abertos, cambiariao por outro final como que gañara moitos cartos. Á parte diso non lle cambiaría nada. 

Está escrito por Fran Alonso que é un grandísimo autor galego e dos libros que lin del este foi o que máis me gustou porque trata cousas serias como son enfermidades que ten a xente dun xeito humorístico pero tamén informativo.

Tamén é un libro moi orixinal que ata nun relato fala sobre o fútbol, en cambio noutro fala sobre un home que se cre un gato. Ten moitos temas para o gusto de cada persoa.  

Este libro recomendariallo á xente que lle gusten libros de comedia para rir. E tamén á xente que non lles gustan os libros longos porque como está dividido en relatos curtos lese moi ben.


José Luís Mirás Otero (4ºESO)

Balda de Libros (II): As cousas claras, de Xosé Antonio Neira Cruz



É un libro bo de ler e que está moi ben. A min gustoume moito. A parte que máis me gustou foi cando ao final do libro di que Marga e Afonso están saíndo.  

Non faría ningún cambio en ningunha parte da narración xa que me parece que está moi ben pensado e escrito e gústame a forma coa que vai surxindo a historia e a orde na que vai pasando cada cousa. 

A idea central do libro está moi ben pensada e moi ben desenvolvida. Se fose eu tamén poñería todo así nesa orde e non cambiaría en nada a idea principal. Pareceume un final axeitado pero gustaríame que continuara un pouco máis e que contara un pouco o que pasa a continuación  para saber o que pasaría despois e saber que é de Mon xa que non se volve falar máis del.  

Foime fácil de ler e entendino bastante ben.  Recoméndoo para rapaces da miña idade porque penso que lles podería interesar o tema e poderíalles gustar tanto como me gustou a min ou máis.


Fernando José Couselo Noya (3º ESO)

mércores, 2 de decembro de 2015

O que acontece cando Non Lector/Lectora decide unir a súa vida a Gran Lector/Lectora

 "(...) los polos opuestos se atraen. Por eso no debería ser una sorpresa que un Lector Recalcitrante (LR en adelante) acabe uniendo su vida a la de un No Lector (NL en adelante) ocasionando los correspondientes desajustes de convivencia diaria. No todas las parejas adolecen de semejante contradicción vital, pero sí que se trata de un caso a menudo corriente y que tiene una idiosincrasia propia tremendamente desconcertante para los que nunca han formado parte de una relación similar."

Averigua AQUÍ como continúa a historia deste amor 




luns, 30 de novembro de 2015

Reunión cinéfila coas que foron membros do Club de lectura


Pois alá polo curso 2012/2013 decidimos ler no Club de Lectura de 3º e 4º de ESO a triloxía de Los Juegos del hambre e foi un ano despois cando comezaron a estrear as películas e empeñámonos en ir xuntas ver a primeira, e logo a segunda... e ata aquí chegamos, incriblemente, con algunhas destas rapazas xa na Universidade. Na foto faltan algunhas que si estiveron no cine, como Cristina Deus e Miriam Castro. E algunhas que nin ao cine puideron vir como Iria Fajín, Verónica Barreiro e Alba Docampo. Espero non esquecer a ningunha. Tampouco Francesco, profe de inglés, puido vir. Aí estamos Carmen, a profe de Mates e máis eu, profe de LCL, orgullosísimas das nosas chicas (como medrades, e que rápido, eu ben volo avisei...!!).

Seguimos a pensar, como en cada película que fomos, que nos gustan máis os libros que as pelis, pois hai cousas que non se entenden ben sen a lectura dos libros. E recomendámosvos a todxs a lectura da triloxía.

www.fotogramas.es

venres, 27 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas, in memoriam





Moitos e moitas de nós temos disfrutado coa lectura de Memorias dun neno labrego do grande escritor Xosé Neira Vilas que nos deixou hoxe aos 87 anos de idade.

Queriamos ir visitalo o curso pasado na saída anual que facemos os membros do Club de lectura, pero xa se puxo maliño e houbo que refacer os nosos plans. Este ano xa non será posible. Descanse en paz, mestre.